María Tareixa I de AustriaAínda que por ser a segunda soberana chamada María que reinou nos Países Baixos Austríacos, (tras María de Borgoña) e no Hungría, (tras María I de Hungría), foi chamada ás veces María II Tareixa. Ellenius, 210., tamén citada como María Tareixa, nada en Viena o 13 de maio de 1717 e finada o 29 de novembro de 1780, foi a primeira e única muller que gobernou sobre os dominios dos Habsburgo e a última xefa da casa de Habsburgo, pois a partir do seu matrimonio, a dinastía pasou a chamarse casa de Habsburgo-Lorena.

Reinado miniatura|esquerda|Anverso dun tálero de María Tareixa de 1780 Foi arquiduquesa e soberana de Austria, Hungría, Bohemia, Croacia e Galicia e Lodomeria, duquesa de Mántua, Milán, Parma e soberana dos Países Baixos austríacos desde 1740 ata a súa morte. Polo seu matrimonio con Francisco I, foi tamén emperatriz consorte do Sacro Imperio Romano Xermánico, duquesa de Lorena e gran duquesa de Toscana. Está considerada como unha déspota ilustrada e foi a cabeza dun dos Estados máis importantes da súa época, pois gobernou gran parte da Europa Central.

O seu reinado de 40 anos comezou coa morte do seu pai Carlos VI, en outubro de 1740. O seu ascenso ao trono só foi posible coa promulgación da Pragmática Sanción de 1713, xa que os territorios dos Habsburgo estaban rexidos pola Lei sálica, que impedía a sucesión feminina.Crankshaw, 11-12 Cando este finou, Saxonia, Prusia, Baviera e Francia rexeitaron o documento que recoñeceran como lexítimo ata entón. Prusia invadiu a provincia de Silesia e provocou un conflito de nove anos, coñecido como a Guerra de Sucesión Austríaca. Máis tarde María Tareixa intentará, sen éxito, reconquistar Silesia durante a Guerra dos Sete Anos.

Casou con Francisco Estevo de Lorena, futuro Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico, e tivo con el 16 fillos, entre eles as raíñas María Antonieta e María Carolina de Austria, a duquesa María Amelia de Habsburgo-Lorena e dous emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico: Xosé II e Leopoldo II (ambos cogobernantes de Austria e Bohemia, xunto coa súa nai).Dawson Beales, 39

María Tareixa foi responsable da maioría das grandes reformas financeiras e educativas realizadas nos seus dominios, co apoio do conde Federico Guillerme de Haugwitz e Gottfried van Swieten, promoveu o comercio, desenvolveu a agricultura e reorganizou o exército austríaco, o que fortaleceu a posición internacional de Austria. Porén, negouse a permitir a tolerancia relixiosa,Nunha carta a Xosé II, a emperatriz escribiu: «Sen unha relixión dominante? Tolerancia, indiferenza, son exactamente os medios correctos para minalo todo... Que outra restrición habería? Ningunha- Nin a forca, nin a roda... Falo como política, non como cristiá. Non é tan necesario nin beneficioso para a relixión. Ti permitirías que todos actuaran conforme á súa imaxinación? Se non houbera un culto oficial, sen unión á Igrexa, onde estariamos? A lei do máis forte podería facerse co mando.»(Crankshaw, 302) o que fixo que os seus contemporáneos cualificaran o seu réxime como prexuizoso e supersticioso.Dawson Beales, 69 Como xove monarca que loitou en dúas guerras dinásticas, María Tareixa cría que a súa causa debería ser a dos seus súbditos pero, nos seus últimos anos, pasou a crer que a dela debía prevalecer.Russell Richards Treasure, 410.

Fillos e vida familiar Ao longo de 20 anos, a emperatriz deu a luz a dezaseis fillos, trece dos cales sobreviviron máis aló da infancia. A súa primeira filla, María Isabel, naceu pouco despois do primeiro ano de matrimonio. De novo, o sexo do bebé causou gran decepción, así como a causa dos nacementos seguintes: María Ana e María Carolina. Mentres loitaba por preservar a súa herdanza, María Tareixa deu a luz a un fillo Xosé, nome dado en homenaxe a san Xosé, a quen lle rezara con frecuencia durante o embarazo para ter un varón. Porén, a súa filla favorita era María Cristina, que naceu o día que a emperatriz cumpría 25 anos e catro días despois da derrota do exército austríaco na batalla de Chotusitz. Cinco fillos máis naceron durante a guerra: María Isabel, Carlos Xosé, María Amelia, Leopoldo e María Carolina. Durante este período non houbo descanso para María Tareixa: os embarazos e os coidados aos acabados de nacer producíanse ao mesmo tempo que a guerra e os partos. Cinco fillos máis naceron no período de paz que houbo entre a Guerra de Sucesión austríaca e a Guerra dos Sete Anos: María Xoana, María Xosefa, María Carolina, Fernando Carlos e María Antonieta. Tivo o seu último fillo, Maximiliano, durante a Guerra dos Sete Anos, cando xa tiña 39 anos.Mahan, 266–271, 313. María Tareixa chegou a afirmar que, de non ter estado case sempre embarazada, tería ido soa ao campo de batalla.Dawson Beales, 21, 39.

A emperatriz viúva Isabel, nai de María Tareixa, fino en 1750. Catro anos máis tarde, Marie Karoline von Fuchs-Mollard, a gobernanta pola que María Tareixa sentía un grande aprecio, finou tamén aos 73 anos. A emperatriz demostroulle o seu afecto facendo que a enterraran na Cripta Imperial de Viena, onde só eran sepultados os membros da familia imperial.

Apenas deu a luz os seus últimos fillos, María Tareixa viuse coa tarefa de casar os máis vellos. Ela mesma conduciu as negociacións para as vodas á vez que se ocupaba das campañas bélicas e do resto das obrigas do estado. A pesar de ser moi agarimosa cos seus fillos, usounos como peóns nos xogos dinásticos e sacrificou a súa felicidade en beneficio do Estado.Mahan, 271. Era unha nai dedicada, pero dominante: escribíalles a todos os fillos polo menos unha vez á semana e cría que tiña dereito a exercer autoridade sobre eles, independentemente da súa idade ou posición.Dawson Beales, 194.

miniatura|A emperatriz, xa viúva, coa familia (1776), por Heinrich Füger.

María Tareixa sufriu un violento ataque de varíola pouco logo de cumprir 50 anos, en 1767, enfermidade que a súa nora a emperatriz Xosefa de Baviera contaxioulle.Crankshaw, 273. María Tareixa sobreviviu, non así a súa nora. Entón, obrigou á súa filla, a arquiduquesa María Xosefa, a rezar con ela na cripta imperial, á beira da tumba non pechada da nora. A arquiduquesa empezou a presentar as erupcións características da varíola dous días despois da visita á cripta e faleceu pouco despois. María Carolina substituíu a irmá morta como prometida do rei Fernando I das Dúas Sicilias. María Tareixa culpouse da morte da súa filla, dado que, naquela época, non se sabía que a varíola posuía un período de incubación prolongado, o que levou a que todos cresen que María Xosefa contaxiouse por visitar a tumba da súa cuñada.Os síntomas da varíola maniféstanse unha semana despois do contaxio. Como as erupcións xurdiron só dous días trala visita da arquiduquesa á Cripta Imperial, o contaxio debeu ocorrer antes. Hopkins, 64.

En abril de 1770 a filla máis nova de María Tareixa, María Antonieta, casou por poderes en Viena con Lois de Borbón, Delfín de Francia. A educación da arquiduquesa descoidouse cando o francés interesouse por ela, aínda que a súa nai intentou educala o mellor posible. María Tareixa escribíase cada quince días coa súa filla, á que agora chamaban María Antonieta, e lle regañaba pola súa pereza, frivolidade e por non concibir un fillo. A María Tareixa non lle gustaba tampouco a personalidade reservada de Leopoldo e acusábao constantemente de frialdade. Tamén criticou a María Carolina polas súas actividades políticas, a Fernando pola súa falta de organización e María Amalia polo seu pobre francés e arrogancia. Coa única filla coa que apenas tiña problemas era María Cristina, que gozaba da total confianza da súa nai a pesar dos problemas que tiña con ela por non ter fillos (xa que a arquiduquesa só tivo unha filla, María Cristina de Saxonia, que finou cun día de vida). Un dos maiores desexos de María Tareixa era o de ter o maior número de netos posible. Porén, cando finou, a emperatriz contaba con só vinte netos e, a excepción da súa neta máis vella María Carolina de Borbón-Parma, filla de María Amalia, todas as demais netas primoxénitas recibiron o seu nome.As netas máis vellas de María Tareixa foron: María Tareixa de Austria (filla de Xosé II), María Tareixa Xosefa de Austria (filla de Leopoldo II), María Tareixa das Dúas Sicilias (filla de María Carolina), María Tareixa de Habsburgo-Este (filla de Fernando) e María Tareixa de Francia (filla de María Antonieta)

Descendencia Do seu matrimonio con Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico, María Tareixa tivo 16 fillos, dos cales 10 chegaron á idade adulta: NomeNacementoMorteNotas María Isabel 17371740Herdeira dos títulos de raíña Hungría e Bohemia de 1737 a 1740. Finou na infancia. María Ana, arquiduquesa da Austria17381789 Herdeira dos títulos de raíña Hungría e Bohemia de 1740 a 1741. Abadesa do Imperial e Real Convento para Damas Nobres de Praga. Sen descendencia. María Carolina, arquiduquesa da Austria17401741 Finou na infancia. Xosé, arquiduque de Austria, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, rei de Hungría e Bohemia.17411790 Sucedeu a súa nai e foi emperador do Sacro Imperio entre 1780 e 1790 como Xosé II. Tivo dúas fillas. María Cristina, arquiduquesa de Austria17421798 Foi gobernadora dos Países Baixos Austríacos entre 1778 e 1798. Casada con Alberte de Saxonia-Teschen, duque de Teschen e vicerrei de Hungría (1738-1822). Tivo unha filla. María Isabel, arquiduquesa de Austria 17431808 Abadesa do Imperial e Real Convento para Damas Nobres de Praga. Sen descendencia. Carlos Xosé, arquiduque de Austria 17451761 Finou debido á varíola. Sen descendencia. María Amelia, arquiduquesa de Austria17461804 Comprometida con Fernando I das Dúas Sicilias, pero logo casada co duque Fernando I de Borbón-Parma (1751-1802). Tivo nove fillos. Leopoldo, arquiduque de Austria, gran duque de Toscana, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Hungría e Bohemia (1790-1792).17471792 Sucedeu ao seu irmán Xosé II. Tivo dezaseis fillos. María Carolina, arquiduquesa de Austria17481748 Finou ao pouco de nacer. María Xoana, arquiduquesa de Austria17501762 Comprometida con Fernando I das Dúas Sicilias. Finou debido á varíola. Sen descendencia. María Xosefa, arquiduquesa de Austria17511767 Comprometida con Fernando I das Dúas Sicilias. Finou debido á varíola. Sen descendencia. María Carolina, arquiduquesa de Austria e Raíña Consorte de Nápoles e Sicilia17521814 Casada con Fernando I das Dúas Sicilias (1751-1825). Tivo dezaoito fillos. Fernando, arquiduque de Austria, duque de Brisgovia17541806 Casou con María Beatriz de Este. Tivo once fillos. María Antonieta, arquiduquesa de Austria, Raíña consorte de Francia e de Navarra17551793 Esposa de Lois XVI de Francia, raíña de Francia. Guillotinada durante a Revolución francesa. Tivo catro fillos. Maximiliano Francisco, arquiduque de Austria.17561801 Arcebispo elector de Colonia. Sen descendencia.

Morte e legado miniatura|right|María Tareixa e o seu marido sepultados nunha tumba dobre, por vontade expresa dela.

É pouco probable que María Tareixa recuperarase totalmente da varíola contraída en 1767, como afirmaban escritores do século XVIII. Ademais padecía dispnea, fatiga, tose, necrofobia e insomnio e, máis tarde, tamén desenvolveu un edema.

A emperatriz enfermou o 24 de novembro de 1780, aparentemente por un arrefriado. O Dr. Stöck, o seu médico, constatou que o seu estado era grave. O 28 de novembro pediu a extrema unción e, ao día seguinte, arredor das nove da noite, María Tareixa finou rodeada dos seus fillos. Con ela, desaparecía tamén a casa de Habsburgo, que foi substituída pola casa de Habsburgo-Lorena. Xosé, que xa era co-rexente nos dominios dos Habsburgo, sucedeu a súa nai.Crankshaw, 336–338.Leland Goldsmith, 272.