miniatura|dereita Waino e Plutano, Os Homes Salvaxes de Borneo, foron dous irmáns ananos excepcionalmente fortes que se fixeron famosos da man de P. T. Barnum e o seu espectáculo de monstros.

Biografía Waino e Plutano eran en realidade Hiram e Barney Davis, dous irmáns deficientes mentais nados nunha granxa de Connecticut en 1825 e 1827 respectivamente. Cada un medía un metro de alto e pesaba uns 20 quilogramos, e aínda así podían realizar fazañas de grande forza como levantar grandes pesos e loitar con xente do público no escenario. Descubertos e apadriñados por un feirante ambulante en 1850, Hiram e Barney recibiron novos nomes, Waino e Plutano, e unha incríbel nova historia - dicíase que eran da illa de Borneo, onde casualmente foran capturados despois dunha grande liorta con mariñeiros armados.

En 1880 Waino e Plutano tomaron contacto con P. T. Barnum e o seu espectáculo ambulante. Cas lendarias capacidades promocionais de Barnum, a carreira dos Homes Salvaxes de Borneo colleu pulo e durante os seguintes 25 anos a parella gañou aproximadamente un 200.000 dólares estadounidenses, o que era unha grande suma de diñeiro. As súas exhibicións consistían basicamente en realizar actos de grande forza, tales como levantar a unha persoa adulta do público e loitar cada un con dúas persoas do público. Dicíase que cada un era quen de erguer máis de 135 quilogramos.

A parella deixou de traballar cando Hiram faleceu en 1905. Barney morreu 7 anos despois en 1912. Ambos os dous foron soterrados xuntos no Monte Vernon, Ohio, baixo unha lápida onde se pode ler "Little Men" (pequenos homes).

Véxase tamén Ligazóns externas Sideshow World James G. Mundie's Prodigies

Categoría:Entretemento