Justo Rodríguez Pérez foi un político galego, alcalde de Sada entre 1931 e 1932, inscrito na ORGA.
Traxectoria Emigrante retornado dos EUA e mariñeiro de profesión. Foi elixido concelleiro de Sada en 1917 representando á Conjunción libertaria e Sociedad de pescadoresEl Noroeste, 17-11-1917, p. 1.. Foi elixido alcalde de Sada en 1931. Dimitiu o 12 de maio do ano seguinte. En 1932 formaba nas filas do Partido Republicano Radical Socialista, presidindo posteriormente, entre 1933 e 1936, o Grupo Local do Partido Galeguista en Sada. Foi membro do comité de propaganda para o referendo do Estatuto de autonomía.La Voz de Galicia, 12-6-1936, p. 8. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse en Miño onde permaneceu un tempo. Despois pasou á casa dunha familia amiga de Fontán que se ofreceu a gorecelo. Despois dun ano pasou a agocharse no faiado da súa casa onde montou unha máquina de coser para facer zapatillas e remendar roupas de auga. Permaneceu agochado ata comezos dos anos corenta. O seu fillo Manuel foi recrutado polos rebeldes e enviado á fronte, tentou pasarse ao bando leal pero foi abatido.
Vida persoal
Casou con María Varela Ramos e foi pai de Manuel, Alejandro, María e Juan Rodríguez Varela. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Fontes arquivísticas Arquivo do Reino de Galicia - Fondo Goberno Civil - G-2552 / G-2563
Ligazóns externas Primer Alcalde de La República
Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América
Categoría:Alcaldes de Sada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República
Categoría:Alcaldes de Galicia do Partido Radical Socialista Categoría:Guerra civil española en Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido