A Mano Negra foi unha presunta "organización anarquista secreta e violenta" que actuou en Andalucía a finais do século XIX, á que se atribuíron asasinatos, incendios de colleitas e edificios. Historia Aínda que os grupos anarquistas locais e a Federación de Traballadores da Rexión Española afirmaban que non tiñan nada que ver con dita organización, as forzas de seguridade, premidas polos terratenentes, levaron a cabo unha dura represión baseándose en catro crimes cometidos a finais de 1882 e os primeiros meses de 1883. O resultado foron quince campesiños detidos en San José del Valle (Cádiz), dos que sete foron executados na Praza do Mercado de Xerez da Fronteira o 14 de xuño de 1884. Foron Pedro Corbacho Lagos, Francisco Corbacho Lagos, Bartolomé Gago de los Santos, Manuel Gago de los Santos, Cristóbal Fernández Torrejón, José León Ortega i Gregorio Sánchez Novoa. Outros dezaoito procesados foron condenados a 17 anos de prisión.O suceso foi cuberto por Leopoldo Alas "Clarín" para o xornal local El Día, que tamén comentou a situación dos campesiños andaluces.

Non está claro se a Mano Negra existiu ou se foi un invento a modo de operación de bandeira falsa ou de imputación inxustificada do goberno de Sagasta para aplacar as revoltas nos campos do sur de España, como xa insinuou Vicente Blasco Ibáñez en La Bodega, a súa novela sociolóxica, en 1905.La bodega

Actualmente séguese revisando o caso, sobre todo por parte de colectivos, historiadores e xornalistas:

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ramon Ruix Berdejo: La Mano Negra (2006), Ekos Editores, Madrid

Ligazóns externas A lenda da Mano Negra (en castelán)

Mano Negra Mano Negra Categoría:Sociedades secretas Categoría:Anarquismo en España