Vorbis é un proxecto completamente aberto e gratuíto de códec da Xiph.org Foundation. Emprégase xeralmente en combinación co contedor Ogg, formando o que se denomina Ogg Vorbis.
O desenvolvemento de Vorbis foi iniciado despois de que en setembro de 1998 Fraunhofer Gesellschaft fixese pública a súa intención de trocar a licenza do formato MP3. A primeira versión estable do códec, a 1.0, publicouse o 19 de xullo de 2002. A última versión, a 1.1.0, foi publicada o 22 de setembro de 2004. O formato Vorbis é amplamente empregado nos sistemas baseados en Linux.
Características técnicas Relación de bits (bitrate): 45 a 500 kbits/s (variable). Frecuencia de mostraxe: 44.1 kHz (a calidade dun cd de son estándar).
Véxase tamén Outros artigos Frecuencia de mostraxe Relación de bits Ogg Theora AAC AIFF LAME Mp3PRO MPC (tamén coñecido coma Musepack ou MPEGPlus/MP+) RealAudio WAV Windows Media Audio (WMA)
Ligazóns externas Páxina web oficial do códec Páxina da Xiph.Org Foundation
Categoría:Codecs de son