Carlos Penela Martín, nado en Vigo o 16 de maio de 1975, é un poeta galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicouse a tradución e á docencia. Reside en Viena.

Ten colaborado con revistas e xornais como Grial, A Trabe de Ouro, Revista da AELG e Nós Diario. Tamén publicou ensaios e artigos literarios e culturais desde os seus blogs, dedicados, a dar a coñecer a cultura de Europa central.

Obras Poesía As linhagens do frio (1998). Culleredo: Espiral Maior. Acaso o inverno (2001). Sada: Ediciós do Castro. 50 páxs. ISBN 9788484850397. O que ardeu nos espellos (2004). A Coruña: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 42 páxs. ISBN 9788495289599. Sombras, rosas, sombras (2008). Santiago: PEN Clube de Galicia. 162 páxs. ISBN 9788493615857. Arte de fuga (2014). Deputación da Coruña. 52 páxs. ISBN 9788498122534. Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo (2019). Santiago: Chan da Pólvora, col. Elba, nº 3. ISBN 9788412101836

Obras colectivas Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza. Relatos da Ulloa (2019). Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.

Premios

1997: Premio Espiral Maior de PoesíaCarlos Penela Martín, gañador do VI Premio de Poesía Caixanova , El Correo Gallego, 12 de decembro de 2007., 2000: Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, por Acaso o inverno. 2004: Accésit do Premio Esquío de poesía. 2007: Premio de poesía Caixanova por Sombras, rosas, sombras. 2014: Premio de poesía Miguel González Garcés por Arte de fuga, 2018: Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón por Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo. 2022: Premio de Poesía Concello de Carral por Trono e Caléndula.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Crítica de Arturo Casas ao poemario Acaso o inverno na web da AELG Vieiros de Kakania, blog persoal do autor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón