miniatura|Parede azulexada en El-Hedine, Marrocos. O termo azulexo, do árabe az-zulaiŷ (pedra pulida), designa unha peza de cerámica de pouca espesura, xeralmente cadrada, en que unha das faces é vidrada, resultado da cocedura dunha substancia á base de esmalte que se torna impermeábel e brillante. Esta face pode ser monocromática ou policromática, lisa ou en relevo. O azulexo é xeralmente usado en gran número como elemento asociado á arquitectura e á decoración en revestimento de superficies interiores ou exteriores polo seu valor decorativo e máis polas súas características termoaillantes e impermeabilizantes.
Véxase tamén
Outros artigos Azulexo de Delft Trencadís
Categoría:Arte Categoría:Construción Categoría:Elementos arquitectónicos