Resistência Galega é unha organización armada galega nada no 2005."Manifesto pola resistência galega " (2005). Considerada "organización terrorista" polo Goberno de España, a EUROPOL, Os reportes dos anos 2013 e 2014 fan referencia a Resistência Galega dentro da Sección "Etnonacionalistmo e terrorismo separatista" O do 2018 califícao como terrorismo separatista. a Audiencia Nacional,"Una sentencia declara grupo terrorista a Resistencia Galega", La Voz de Galicia, 13 de setembro de 2013. e o Tribunal Supremo Sentenzas STTS de 9 de abril de 2014 nº293/14 e en STTS nº 754/14 de 4 de noviembre de 2014."El Supremo confirma que Resistencia Galega es una organización terrorista", El Mundo, 24 de abril de 2014. diversos xornalistas, politicólogos e partidos políticos poñen en dúbida a súa existencia sobre a base da falta de evidencia dunha organización ou dunha dirección coñecida, acusacións pouco consistentes, ou a falta de atentados reivindicados no seu nome. O termo nace a partir dun Manifesto de Resistência Galega publicado no 2005.
Historial do termo miniatura|Pintada a favor de Resistência Galega nun caixeiro de Novagalicia Banco en Redondela. A primeira referencia ao termo Resistência Galega aparece nos días previos ao Día da Patria de 2005, cando se publica en Internet un Manifesto pola Resistência Galega. O manifesto anima á "luita popular galega pola Libertação nacional e social da Galiza", xustificando a loita armada, e propugnando unha resistencia sen nomes nin siglas, anónima.
Durante os dous anos seguintes, aparece o lema Resistência Galega relacionado a distintos actos violentos, en forma de pintadas nos lugares atacados, ou en comunicados reivindicando os actos. Chegou a especularse coa posibilidade da existencia dun grupo organizado baixo este nome, supostamente liderado por Antonio García Matos "Toninho" e outros dous fuxidos. Así, a prensa ten atribuído distintos atentados, e intentos de atentados, ao suposto grupo Resistência Galega. Debido ao achado de material para fabricar explosivos acompañado de panfletos que facían referencia á Resistência Galega, no norte de Portugal, tamén se ten especulado sobre a existencia dun comando estable no país veciño. Ten sido unha constante o aumento dos actos da autodenominada "resistencia violenta" nas vésperas do Día da Patria, o que significou un aumento da represión policial sobre o ámbito independentista, e a denuncia desta represión por diferentes colectivos.
É xa en decembro de 2007, cando a propia Unión Federal de Guardias Civiles recoñece que "Resistencia galega, como tal non existe". Segundo recolle El País tras ese comunicado, estas mesmas fontes afirman que "Resistência Galega non é unha organización, senón un manifesto ao que se acollen mozos independentistas para reivindicar as súas accións". Por outro lado, organizacións independentistas, como AMI, Briga ou Nós-UP, afirmaron non ter ningún coñecemento de grupo algún que actúe organizado baixo o nome Resistencia Galega.
Trala explosión dunha bomba nunha caseta comercial dunha urbanización en Perbes (Miño), o Delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, opinou que o atentado era moi semellante a outros anteriores de Resistencia GalegaO delegado do goberno español sospeita que Resistencia Galega está detrás da bomba de Miño, aínda que recoñeceu que o acto non fora reivindicado por grupo ningún.
Atribuíuselle a colocación dunha bomba na sede do PP de Ordes o 13 de xuño de 2010 e a colocación dun artefacto en setembro de 2011 contra a casa de Manuel Fraga en Vilalba. O 30 de novembro de 2011 foron detidas en Vigo e Padrón catro persoas supostamente relacionadas coa súa órbita cando presuntamente preparaban un atentado contra os príncipes de Asturias na cidade da Coruña e outro con motivo dos actos polo día da Constitución española.A Audiencia Nacional imputa un delito de integración en organización terrorista aos catro detidos en La Voz de GaliciaA Policía frustra na Coruña un atentado horas antes da chegada dos príncipes en La Voz de GaliciaPose admite que os detidos preparaban un atentado inminente en La Opinión de A CoruñaGolpe ao terrorismo independentista galego en La Opinión de A CoruñaLos cuatro independentistas detenidos tenían nueve kilos de explosivos en El PaísDecenas de personas se movilizan en Vigo en solidaridad con los arrestados en El MundoEl juez Velasco acusa de pertenencia a organización terrorista a los cuatro detenidos en El MundoCuatro detenidos en Vigo, Santiago y Padrón en una operación antiterrorista en El MundoResistencia Galega quería atentar el 6 de Diciembre en La Opinión de A Coruña Aos catro detidos incautáronselle artefactos explosivos de fabricación caseira, un deles con metralla.A bomba atopada aos terroristas tiña capacidade para causar unha masacre en La Voz de Galicia O venres 2 de decembro foron detidos outros dous presuntos membros de Resistência Galega en Lugo.Detidos en Lugo outros dous presuntos membros de Resistencia Galega, La Voz de Galicia, 3 de decembro de 2011.
O 7 de maio de 2012 localizouse un artefacto explosivo na porta da sede do Partido Popular en Meis que foi desactivado. Só un mes despois, o 8 de xuño, explotou unha bomba no local dese mesmo partido político en Ribadumia causando importantes estragos na fachada do edificio. A policía apuntou en ambas accións a membros de Resistência Galega. O 6 de agosto dese mesmo ano foron desactivados outros dous artefactos explosivos colocados nun repetidor de telecomunicacións en Vigo, sendo ambos reivindicados por Resistência Galega.Desactivados dos artefactos explosivos en Vigo, que reivindica Resistencia Galega, El País, 7 de agosto de 2012. O 16 de setembro de 2012 foron detidos catro presuntos membros de Resistência Galega no parque de Castrelos (Vigo) acusados dos feitos acontecidos o 6 de agosto dese mesmo ano.Detenidos en Vigo cuatro presuntos terroristas de Resistencia Galega, El País, 16 de setembro de 2012.
O xuíz Eloy Velasco da Audiencia Nacional imputou un delito de enaltecemento do terrorismo a catro manifestantes que o día 2 de xullo de 2013 participaron en Santiago de Compostela nunha concentración de apoio a presuntos membros de Resistencia Galega que estaban a ser xulgados. En novembro de 2013, a policía anunciou que Resistência Galega estaba a mercar ilegalmente unha ducia de pistolas en Portugalhttp://politica.elpais.com/politica/2013/11/03/actualidad/1383509303_264957.html Resistencia Galega compra pistolas. El País.
Primeira condena por terrorismo O 12 de setembro de 2013, a Audiencia Nacional condenou a catro membros de Resistência Galega, María Osorio, Roberto Rodríguez Fialhega, Antom Santos Peres e Eduardo Vigo Domingues, a penas de entre 10 e 18 anos de cárcere por participación en organización terrorista, tenza de explosivos e falsificación de documentos con fins terroristas.
Segundo a sentenza o 30 de novembro de 2011 en Vigo un dos condenados entregou a outros tres termos metálicos que contiñan 4,8 quilos de explosivos. A Policía Nacional detivo ao condutor do coche que levaba estes explosivos na peaxe da AP-9 en Teo. No rexistro da casa dun dos detidos atoparon 3,2 quilos de explosivos, permisos de conducir e DNI falsificados.
En decembro de 2014 a Audiencia Nacional condenou a 11 anos de cárcere a Héctor José Naya e a tres anos de cárcere a Xurxo Rodríguez e Diego Santín pola colocación en agosto de 2012 de tres artefactos explosivos nas instalacións de radio e televisión no monte Sampaio de Vigo que causaron 11.197 euros en danos.Condenado a 11 años de cárcel un miembro de Resistencia Galega y a tres años otros dos. 20 minutos Dos tres condenados, unicamente Xurxo Rodríguez Oliveira, admitiu a súa pertenza a unha organización terrorista.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Manifesto da Resistência Galega Artigo sobre Resistência Galega, El País, 9/07/2007 La Unión Federal de Guardias Civiles (UFGC) dice que Resistencia Galega "como tal no existe" y que los independentistas detenidos son 'meros obreros'La Región, 15/12/2007