Os Premios Ondas 2005, correspondentes á súa 52ª edición, foron entregados o 3 de novembro de 2006 no Gran Teatro do Liceu de Barcelona (España).

Por primeira vez en moitos anos, a cerimonia estreou presentadores con Carles Francino e Ángels Barceló, ambos xornalistas recentemente incorporados á Cadena SER. Actuaron The Corrs, Diana Navarro, Coti, Pastora, Il Divo, Antonio Orozco e Lucie Silvas. A gala foi retransmitida para España por Cuatro e estivo amenizada por Juan Carlos Ortega.

Previamente á gala, ó mediodía, o alcalde de Barcelona, Joan Clos, realizou o tradicional xantar con todos os premiados no Palacete Albéniz. Premios Ondas de Televisión e cine Mellor serie española (ex æquo) Hospital Central (Telecinco) Arrayán (Canal Sur) Mellor programa de entretemento Operación Triunfo (Telecinco) Traxectoria ou labor profesional máis destacada Mercedes Milá Mellor programa ou mellor tratamiento dun acontecemento Els matins de TV3 (TV3) Mellor programa de televisión local 52 (Localia Cataluña) Premio internacional de televisión Je Zal Het Maar Hebben de NPB/VARA Television (Países Bajos) Mención especial do xurado: Racconti di Vita: Donne un Sospeso de RAI (Italia) Premio Cinemanía ó acontecemento cinematográfico do ano Princesas

Premios Ondas de Radio Mellor programa de radio El suplement (Catalunya Ràdio) Mellor programa informativo Scannerfm.com pola retransmisión do festival Primavera Sound de Barcelona Traxectoria ou labor profesional máis destacada Julio César Iglesias (Radio Nacional de España) Premio á innovación radiofónica José Ramón de la Morena (Cadena SER) Premio internacional de radio La nouvelle cuisine ou comment cuisiner après mai 68 de Radio France (Francia) Mención especial do Xurado: Lives in a landscape – The Base de BBC (Reino Unido)

Publicidade en radio Mellor cuña de radio La no colección (Renault) Mellor equipo creativo de publicidade en radio Juan Nonzioli, Nacho Guilló e Víctor Aguilar (axencia Shackleton) Mellor campaña de radio Deseos de ONCE (agencia DDB) Mellor creatividade en patrocinio, jingle, mención, promoción, concurso ou outro formato orixinal Pepe Domingo Castaño

Premios Ondas de Música Mellor canción Caminando por la vida de Melendi Mellor álbum Pájaros en la cabeza de Amaral Mellor artista o grupo español El canto del loco Mellor artista o grupo internacional Coti Premio Especial do Xurado / Mellor artista revelación Diana Navarro Mención Especial do Xurado The Corrs

Premios Ondas iberoamericanos de radio e televisión Mellor programa, profesional ou emisora de radio ou de televisión Radio Caracol (Miami polo seguimento informativo ó paso do furacán Katrina.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da 52ª edición dos Premios Ondas El País – Fotogaleria: Cerimonia dos Ondas 2005 El País - Profesionais de dilatada experiencia reciben os Ondas de televisión e radio (03/11/2005)

2005