Pilar López de Ayala, nada en Madrid o 18 de setembro de 1978, é unha actriz española.

Traxectoria Empezou traballando en series de televisión como Menudo es mi padre, dirixida por Manuel Valdivia e Guillermo F. Groizard. De aí pasou a Al salir de clase e pronto deu o salto ó cine con Besos para todos. A súa confirmación definitiva foi co papel protagonista en Juana la Loca de Vicente Aranda, que lle valeu un premio Goya á mellor interpretación feminina interpretando o papel principal e a Cuncha de Prata á mellor interpretación feminina no Festival de Cine de San Sebastián.

No 2005 estreou Obaba de Montxo Armendáriz, película proposta por España aos Oscar 2005, aínda que non quedou nomeada entre as cinco candidatas á Mellor película estranxeira.

Filmografía Las 13 rosas (2007) En la ciudad de Sylvia (2007) Alatriste (2006) Bienvenido a casa (2006) Obaba (2005)' El puente de San Luis Rey (2004) Juana la Loca (2001) Besos para todos (2000) Báilame el agua (2000) La gran vida (2000) Aviso de bomba (2000) El paraíso perdido (1999) El niño invisible (1995)

Televisión Yo, una mujer (1996) Menudo es mi padre (1996) Al salir de clase (1997)

Festival Internacional de Cine de San Sebastián

Ano Categoría Película Resultado2001Cuncha de Prata á mellor actrizJuana la LocaGañadora

Premios Goya

Ano Categoría Película Resultado 2005 Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria Obaba Candidata 2001 Premio Goya á mellor actriz protagonista Juana la Loca Gañadora 2000 Premio Goya á mellor actríz revelación Besos para todos Candidata

Véxase tamén Ligazóns externas Web de Pilar López de Ayala (desde 1999) Blog da actriz

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1978 Categoría:Personalidades sen imaxes