Pablo Ruiz Picasso,Pablo Ruiz Picasso , Gran Enciclopèdia Catalana. nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía. Creou máis de 20 000 obras ó longo da súa vida.

Picasso comezou o seu percorrido estilístico cunha curta experiencia co modernismo despois do contacto coa natureza que tivo na súa estadía en Horta de Sant Joan e a amizade cos artistas cataláns de Els Quatre Gats. Coas súas primeiras visitas a París, a partir de 1900, comezou a desenvolver un estilo propio, primeiro no "período azul", que se caracteriza por obras feitas en tonalidades azuis, frías e personaxes alongados con expresións tráxicas, influído por Van Gogh e Paul Gauguin, que reflectían unha tendencia nihilista; continuou cun xiro cara a un certo optimismo manifestado por un cambio a cores cálidas e coñecido como "período rosa", nun intre no que Picasso estaba permanentemente instalado en París e no que entrou en contacto con escritores achegados ó surrealismo. Deste período, son as obras de saltimbanquis, pallasos ou acróbatas de contido máis lixeiro e alegre.

A partir de 1908, influenciado polo traballo de Cezanne e pola imaxe en movemento das primeiras filmografías, desenvolveu obras que acadaron quebrar co canon de representación definido no Renacemento. Apollinaire foi quen chamou cubismo o traballo que conxuntamente investigaban Picasso e Georges Braque. Con obras tan destacadas como Les demoiselles d'Avignon, Picasso achegou unha nova interpretación da realidade a partir dunha fragmentación da estrutura do obxecto que o levou a experimentar co collage. Despois dunha incursión polo surrealismo con esculturas de fíos e láminas de metal e pinturas de formas distorcidas e evocacións mitolóxicas, iniciou a época expresionista claramente influído pola guerra civil española primeiro e pola II guerra mundial despois. Obras coma o Guernica ou Mulleres chorando reflicten o seu sentimento de aflición pola traxedia da guerra. As súas esculturas son, neste período, claramente abstractas.

Na década de 1950, centrouse na cerámica e en pinturas murais de grandes dimensións. Os seus derradeiros anos adicounos a pintar variacións de obras dos grandes mestres como Velázquez ou Edgar Degas, a quen coñecera persoalmente e de adquirira unha serie de obras; é unha etapa de madureza que dedicará a traballar na produción de litografías.

Persoalmente situado como pacifista, durante a guerra civil estivo politicamente comprometido co goberno republicano, que o nomeou director do Museo do Prado en 1936.

Traxectoria

miniatura|esquerda|Casa Museo na Coruña miniatura|Casa natal de Pablo Picasso en Málaga A súa nai era María Picasso López e o seu pai José Ruiz Blasco, mestre da Escola de Belas Artes e conservador do museo local.Museus Singulars de Catalunya. Capítol del Museu Picasso. Editorial Diàfora. 1979 ISBN 84-85205-32-4 Tiña dúas irmás, Dolores (1884-1958) e Concepción (1887-1895), ademais dun irmán que se cre que morreu moi pequeno, aínda que non se sabe de certo se existiu realmente.

Con 8 anos fixo a súa primeira obra. Nesta época asinaba as súas obras como Ruiz Blasco. Pasou unha tempada de 1891 a 1895 na Coruña onde se trasladou coa súa familia. O seu pai fora contratado como mestre de arte no Eusebio da Guarda e Picasso matriculouse na Escola Provincial de Belas Artes, onde tivo como mestres ao pintor e militar Román Navarro García de Vinuesa (1854-1928); e o escultor Isidoro Brocos Gómez (1841-1914).

Publicou caricaturas e debuxos nas revistas autoeditadas á man "La Coruña", "Azul y Blanco" ou "Torre de Hércules".A Coruña que vivió y pintó Picasso. La Voz de Galicia .En La Coruña conservan los primeros recuerdos escolares y pictóricos de Picasso. El País . Asinaba as súas obras como P Ruiz.

Nos exames do curso 1892-1893 obtén a cualificación de sobresaínte en debuxo de figura e adorno, segundo se le na Voz de Galicia do 14 de xuño de 1893.

En 1894 destaca a pesar da súa curta idade por dous traballos na Escola de Belas Artes da Coruña na que o seu pai era profesor, unha por "torso con claro-escuro vigoroso" e outra por un "Hércules de Fideas". miniatura|El diario de Galicia, 22 de febreiro de 1895. Na rúa Real da Coruña fixo a súa primeira exposición con 13 anos en febreiro de 1895 sorprendendo a crítica, como pode verse no Diario de Galicia do 22 de febreiro.

Novamente expón con outra alumna, Blanca Villareal Truán, segundo pode lerse en La Voz de Galicia do 3 de marzo de 1895. O autor do artigo confúndeo co pai, aínda que queda claro que pola curta idade, trátase do mozo Pablo Ruiz Picasso e non Ruiz Blasco:"Exhibense estos dias al público en los escaparates de dos comercios de la calle Real, otros tantos cuadros pintados al óleo, cuyo mérito, que es bastante, y así lo reconocen cuantos los con- templan, esta avalorado por la circunstancia de ser obra de dos niños que, dada su corta edad así podemos llamar á Blanca Villarreal y a Ruiz Blasco, que firman dichos trabajos.

La primera hace honor á su maestro, el señor Amorós, y demuestra lo bien que ha aprovechado las lecciones de él recibidas, en un bodegón, pin- tado con soltura y acertado colorido. Hay en ól trozos del natural muy bien interpretados, toques felices y adivínase en la factura algo que de- muestra que la joven artista tiene ya estilo pro- pio y envidiables facultades.

El otro cuadro, del joven Sr. Ruiz Blasco, es una nueva prueba de su talento pictórico.

Representa á un mendigo muy conocido en La Coruña, en actitud de implorar una limosna, y la ejecución denota verdadera valentía, como si los pinceles en vez de ser manejados por debil mano, lo fuesen por la de un pintor ya avezado al trabajo.

El color es sóbrio, y el dibujo, aunque un tanto incorrecto en algunas partes de la figura, no lo es tanto que no permita presumir que le será fácil á su joven autor el corregirse de este y otros defectos en que, á su edad, es muy fácil incurrir."Finaliza os seus estudos na Escola de Belas Artes da Coruña, con nota de sobresaínte en escultura.

Marcha no verán de 1895 a Barcelona, onde Picasso aproba os exames de ingreso na Escola de la Llotja saltando os cursos iniciais. Durante o inverno de 1895 realizou o seu primeiro gran lenzo académico, A Primeira Comuñón, en Barcelona, cidade onde residía.

En 1897 presentou o lenzo Ciencia e Caridade na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid. Durante o verán pasou as vacacións en Málaga, onde pintou paisaxes e corridas de touros.

En setembro marchou a Madrid para comezar estudos na Academia de San Fernando pero axiña a abandonou. A atmosfera intelectual da capital, bastante impermeable co modernismo catalán que Picasso intentaba introducir, non acababa de convencelo. Neste período creou a efémera revista Arte Joven, unha das raras coleccións completas que se atopa na Biblioteca de Catalunya. Porén, aproveitou as súas adoitas visitas ó Museo do Prado para coñecer mellor a obra de El Greco, louvada por artistas e estudosos de final do século XIX.Fermigier, 1969:12-13

Dende 1898 asinou as súas obras como "Pablo Ruiz Picasso", máis tarde como "Pablo R. Picasso", e só como "Picasso" dende 1901. Este troco non significaba un rexeitamento da figura paterna, senón que se debía a un desexo de distinción de Picasso como personaxe, un feito iniciado polos seus colegas cataláns, que tomaron por costume chamalo polo apelido materno moito menos corrente que o "Ruiz" paterno.Fermigier, 1969:9 miniatura|Un esmolante en París, 1897, de Isidre Nonell.

Regresou a Barcelona en xuño de 1898, doente de escarlatina e trasladouse a Horta de Sant Joan, a vila do seu amigo Manuel Pallarés i Grau, co cal monta o seu primeiro estudio de pintura. Nesta estadía, Picasso comeza certo retorno á natureza, máis en consonancia co ideario modernista, cousa que constituíu un dos primeiros episodios "primitivistas" da súa carreira.Fermigier, 1969:14-15

Abandonada a idea de Madrid e a copia dos grandes mestres, en febreiro de 1899 estaba de volta en Barcelona, onde era adoito da taberna Els Quatre Gats, símbolo do movemento modernista e onde expuxo debuxos por primeira vez. Aquí entra en contacto con outros artistas como Carles Casagemas, Jaume Sabartés e Ramon Casas. Neste ambiente, Picasso entrou en contacto co pensamento anarquista implantado en Barcelona. A miseria dos barrios baixos de Barcelona, os soldados doentes e feridos que volvían para España despois da desastrosa guerra de Independencia cubana, crearon un ambiente propicio para a violencia social que sen dúbida marcou, a un nivel individual e moral a sensibilidade de Picasso e que se pode apreciar en certos debuxos realizados entre 1897 e 1901: O prisioneiro, Un mitin anarquista.Fermigier, 1969:17-21 Nesta mesma época, expón tamén por vez primeira na histórica Sala Parés da rúa Petritxol.

Entre os anos 1901 e 1904 alternou a súa residencia entre as cidades de Madrid, Barcelona e París, mentres a súa pintura entrou na etapa denominada período azul, fortemente influída polo simbolismo.

Na primavera de 1904, decidiu trasladarse definitivamente a París e establecerse nun estudio na ribeira do río Sena. Na capital francesa fixo amizade, entre outros, cos poetas Guillaume Apollinaire e Max Jacob e co dramaturgo André Salmon; entre tanto, a súa pintura experimentou unha nova evolución, caracterizada por unha paleta cromática tendente ás cores terra e rosa. Ó pouco de chegar a París contactou con personalidades periféricas do mundo artístico e bohemio, como os estadounidenses Leo e Gertrude Stein, e co que sería o seu marchante por sempre, Daniel-Henry Kahnweiler.

A fins de 1906 empezou a traballar nunha composición de gran formato que cambiaría o curso da arte do século XX: “Les demoiselles d’Avignon”. Nesta obra fundamental confluíron numerosas influencias, entre as que cabe citar principalmente a arte africana e ibérica e elementos de El Greco e Cézanne.

En compaña doutro pintor novo, Georges Braque, e baixo a constante influencia de Cézanne revisou a herdanza plástica vixente desde o Renacemento, especialmente na representación pictórica do volume: foi o inicio do cubismo.

A partir de 1909, os dous pintores -Pablo Picasso e Georges Braque- desenvolveron o devandito estilo nunha primeira fase, denominada analítica. No 1912 introduciron un elemento de flexibilidade en forma de recortes de papel e outros materiais directamente aplicados sobre o lenzo, técnica que denominaron collage. A admisión no exclusivo círculo do cubismo do pintor Juan Gris desembocou na etapa sintética do dito estilo, marcado por unha gama cromática máis rica e a multiplicidade matérica e referencial. Entre 1915 e mediados da década de 1920 Picasso foi abandonando os rigores do cubismo para internarse nunca nova etapa figurativista, no marco dun reencontro entre o clasicismo e o crecente influxo do que o propio artista veu en chamar « a súa orixe mediterránea ». miniatura|Retrato de Picasso, por Juan Gris, en 1912. Estivo casado desde 1919 coa bailarina rusa Olga Koklova e xa era pai dun fillo, Paulo, cando comezou a interesarse pola escultura logo do seu encontro no 1928 co artista catalán Julio González; entre os dous introduciron importantes innovacións neste campo, comezando a empregar materiais como ferro forxado.