A amálgama é un proceso de fusión de dous ou máis elementos lingüísticos (fonemas ou morfemas) de xeito que no resultado non pode percibirse xa o límite entre as compoñentes orixinais, nin en forma nin en significado. Por exemplo na conxugación do presente de indicativo de cantar aparecen unha raíz e dous morfemas, un de tempo e outro de número e persoa, evidentes sobre todo cando se compara coa conxugación noutros tempos, por exemplo o antepretérito e o subxuntivo: Forma Significado (↓) / Formas dos morfemas (→) Raíz Presente de indicativo Presente de subxuntivo Antepretérito de indicativo Número e persoa cantas 2ª singular PresInd cant- -a- s cantamos 1ª plural PresInd -a- mos cantades 2ª plural PresInd -a- des cantes 2ª singular PresSub -e- s cantemos 1ª plural PresSub -e- mos cantedes 2ª plural PresSub -e- des cantaras 2ª singular Antepret -ara- s cantaramos 1ª plural Antepret -ara- mos cantarades 2ª plural Antepret -ara- des

Ata aquí todo parece coincidir: morfemas de tempo Presente de indicativo: -a- Presente de indicativo: -e- Antepretérito: -ara- morfemas de número e persoa 2 singular: -s 1 plural: -mos 2 plural: -des Seguindo estas regras pódense deducir os morfemas de 3ª singular (0 ou nulo) e de 3ª plural (-n), pero ó chegar á 1ª singular (cantara, cante, canto) hai unha discordancia: no Antepretérito (morfema de tempo: -ara-) o morfema de número é 0 ou nulo; no Presente de subxuntivo (morfema de tempo: -e-) o morfema de número é tamén 0 ou nulo; pero no Presente de indicativo (canto) o morfema de tempo -a- desaparece e aparece unha combinación de -a- + 0. Este morfema -o reúne os significados de tempo, número e persoa, sen que se poida establecer unha división interna que asigne a cada parte cada un dos significados parciais. A amálgama faise patente sempre realizando a proba de conmutación e substitución lingüística entre tódalas formas do paradigma.

En realidade, esta amálgama dáse case sistematicamente na conxugación verbal entre: o número e a persoa, de xeito que dificilmente é se pode definir un morfema de plural distinto do de singular (que nos substantivos é -s ou -es ou -is) separable do de persoa. entre o tempo e o modo, de xeito que é difícil establecer uns morfemas distintivos de indicativo, subxuntivo, imperativo e formas impersoais do verbo

Categoría:Historia da lingua Categoría:Dialectoloxía Categoría:Fonética Categoría:Fonoloxía Categoría:Morfosintaxe