Falange Española (FE, en galego: Falanxe Española) foi un partido político fundado o 29 de outubro de 1933 no Teatro da Comedia de Madrid por José Antonio Primo de Rivera (fillo do ditador Miguel Primo de Rivera) durante a campaña para as eleccións lexislativas de 1933. Na súa dirección figuraban Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas.

Historia e características FE recollía os intentos realizados durante o comezo da Segunda República Española para crear un partido fascista español, así do pequenísimo Frente Español (FE) colleu as siglas e os seus estatutos mais tamén as súas ideas orteguianas: a nación como comunidade de destino e a necesidade de vertebrar España. A Falange tamén mantivo boas relacións cos monárquicos de Renovación Española e cos carlistas. Contaba cunhas milicias do partido dirixidas por Ricardo de Rada.

O partido non se presentou ás eleccións de 1933 pero José Antonio Primo de Rivera presentouse como deputado por Cádiz nunha lista monárquica, saíndo elixido cun 18,5% dos votos.

Desde o primeiro momento a Falange intentou integrar ás JONS de Ramiro Ledesma Ramos pero este era remiso a pactar con Primo de Rivera; con todo, ao final chegouse a un acordo e o 15 de febreiro de 1934 fusionábanse as dúas organizacións dando lugar á Falange Española de las JONS.

Notas

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Falanxismo Categoría:Partidos políticos de extrema dereita de España