Brancaneves é un conto popular coñecido por toda Europa en múltiples versións, unha das máis coñecidas é a versión alemá, Brancaneves e os sete ananos recollida polos Irmáns Grimm. Leva o nome do personaxe principal, unha moza chamada Brancaneves.

Resumo do conto dos irmáns Grimm

En tempos afastados unha fermosa raíña picou un dedo cando estaba a coser, un día de inverno. Mirando a pinga de sangue que resaltaba no brancor da neve, a raíña díxose a si mesma que quería ter unha filla coa pel branca como a neve, os beizos vermellos como o sangue e o cabelo negro como o ébano. O seu desexo cumpriuse e a nena chamouse Brancaneves. Logo diso a raíña morreu e o rei volveu casar. A nova raíña era fermosa, mala e orgullosa e foi unha mala madrasta para a cativa.

Adaptacións do conto Snow White and the Seven Dwarfs, Walt Disney (1937)

Véxase tamén

Outros artigos Irmáns Grimm

Ligazóns externas Páxina dunha lectura de Brancaneves e os sete ananos na FWFF. Conto de Brancaneves

Categoría:Novelas en alemán Categoría:Contos de fadas Categoría:Contos dos irmáns Grimm