The Rocky Horror Picture Show é unha comedia musical de 1975 dirixida por Jim Sharman que parodia os filmes de terror e ciencia ficción. Cun guión de Richard O'Brien e Sharman, está protagonizada por Tim Curry, Susan Sarandon e Barry Bostwick. Baséase na montaxe musical británica The Rocky Horror Show.

O filme está considerada un clásico de culto e de sesión de noite, pero é coñecida mundialmente por amplas audiencias, e ten un gran seguimento. RHPS foi o primeiro filme dun estudio maior (20th Century-Fox) no mercado da sesión de noite. Aínda que o filme é moi popular, os críticos falan da falta de liña argumental, o estilo animado e a natureza demasiado sexual do filme como algúns dos seus maiores erros. Porén, é un dos filme de sesión de noite máis coñecidas e rendibilizadas. É a adaptación teatral máis proxectada na historia do cine. Máis de 30 anos despois segue a ser proxectada en salas de todo o mundo. En decembro de 2005 James H. Billington, o bibliotecario do Congreso dos Estados Unidos, seleccionou The Rocky Horror Picture Show para ser preservada no "National Film Registry", unha colección de só 450 filmes (en 2006).

Sinopse A historia, narrada por un criminólogo (Charles Gray), é a dunha parella nova recentemente comprometida, Brad Majors (Barry Bostwick) e Janet Weiss (Susan Sarandon), que se atopan perdidos nunha tardiña de novembro fría e chuviosa. Buscando un teléfono desde o que chamar para pedir axuda, atopan acubillo nun castelo achegado habitado por xente estraña e estranxeira reunida na Convención Anual de Transilvania. Asisten, aínda mollados pola choiva, ó baile dos transilvanos de Time Warp, a canción principal do filme.

Axiña son arrastrados ó mundo do Dr. Frank-N-Furter (Tim Curry), un autoproclamado "dulce travesti da Transilvania transexual", e os seus serventes, os irmáns Riff Raff (Richard O'Brien) e Magenta (Patricia Quinn), así como a groupie Columbia (Nell Campbell) e un grupo de asistentes á convención.

A intención de Furter é revelar o "segredo da vida en si mesma". Nunha escena inspirada nos filmes de Frankenstein, "Rocky Horror" (Peter Hinwood) é traído á vida. Logo da persecución de Frank tralo desorientado Rocky, a festa é interrompida por Eddie (Meat Loaf), o antigo rapaz dos recados, que aparece dun conxelador montando unha motocicleta. A escena remata coa súa morte sanguenta a mans de Furter.

Brad e Janet son levados a habitacións separadas, onde o anfitrión lles dá cadansúa propia benvida. Janet, logo da emoción, deambula buscando a Brad. Descobre a Rocky encollido no seu tanque de nacemento, asustado de Riff Raff, que atormentou á criatura como Igor atormentara ó monstro de Frankenstein. Janet, logo de descubrir a infidelidade de Brad, elixe tomar proveito da situación con Rocky.

Logo de descubrir que a "Criatura" está desaparecida, Frank, Brad, e Riff Raff volven ó laboratorio onde descobren que un intruso entrou no edificio O Doutor Everett Scott (Jonathan Adams), antigo profesor de ciencias de Brad e Janet no instituto, chega buscando ó seu sobriño Eddie. É neste punto cando Rocky e Janet son descubertos agochados xuntos. Nunha escena engadida especificamente á versión cinematográfica, os novos invitados son levados a unha cea consistente nos restos de Eddie. Logo de descubriren o que cearon, o horror e o desgusto levan a Janet a saír correndo e berrando da sala.

Frank captúraos a todos, converténdoos temporalmente en estatuas e facéndoos participar nunha sorte de cabaré. A actuación é interrompida por Riff Raff e Magenta, que matan a Columbia, Frank, e Rocky. Resucitan as estatuas de Brad, Janet, e o Dr. Scott, e o castelo desaparece no espazo exterior para regresar ó planeta de Transsexual, na galaxia de Transylvania.

Personaxes Tim Curry como Dr. Frank-N-Furter, un científico Susan Sarandon como Janet Weiss, unha heroína Barry Bostwick como Brad Majors, un heroe Richard O'Brien como Riff Raff, un servente Patricia Quinn como Magenta, un serventa Nell Campbell como Columbia, unha groupie (acreditada como Little Nell) Jonathan Adams como Dr. Everett V. Scott, un científico rival Peter Hinwood como Rocky Horror, unha creación Meat Loaf como Eddie, o antigo mozo dos recados Charles Gray como o criminólogo, un experto Jeremy Newson como Ralph Hapschatt Hilary Farr como Betty Munroe (acreditada como Hilary Labow)

Produción Está baseada na produción teatral de Londres "The Rocky Horror Show", de Richard O'Brien, se ben ten certas diferenzas respecto á concepción teatral orixinal.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Jim Sharman Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de científicos tolos Categoría:Filmes ambientados en 1974 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry