O primeiro ministro de Francia é o xefe de goberno da Quinta República. Esta función sucede á de presidente do Consello.

Competencias O primeiro ministro é nomeado polo Presidente da República de acordo coas maiorías da Asemblea Nacional. Isto pode facer que o primeiro ministro sexa dun partido político que non apoiase ao presidente da república, unha situación chamada "cohabitación".

Segundo o título III da constitución da V República Francesa, correspóndelle dirixir a acción do goberno, é o responsable da defensa nacional e garate a execución das leis. As súas decisións deben ser refrendas polo ministro resposable desa política.

A residencia oficial do primeiro ministro é Hôtel Mantignon, no VIIº distrito de París. Por metonimia, o termo Mantignon é amplamente usado na presa e política francesa para referirse ao primeiro ministro.

Lista de primeiros ministros