Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca.
Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
Biografía miniatura|esquerda|200px|Anne Igartiburu no Hotel María Cristina durante o Festival de Cine de San Sebastián, 2009. Mide 1'75. Viviu desde nena na localidade de Elorrio (Biscaia). Ten estudos de mercadotecnia industrial. Viviu nos Estados Unidos, Burkina Faso, Illas Galápagos, Francia e Luxemburgo. Divorciada do bailarín Igor Yebra, ten actualmente unha filla, Noa. As súas primeiras aparicións na pequena pantalla foron en 1993 en Arrasate Telebista (televisión local de Arrasate). Logo pasou a Euskal Telebista, e máis tarde a Telecinco.
Presentou en Televisión Española o programa do corazón Corazón de... e presentou tamén o concurso de baile ¡Mira quién baila!. Ademais, presenta as badaladas de fin de ano nesta mesma cadea. A pesar de que esperaba ser directiva dunha empresa multinacional, a televisión cruzouse no seu camiño e enganchouna completamente. Como actriz, entre outros, interpretou un pequeno papel de monxa virxe na película O lapis do carpinteiro de Antón Reixa (2002) e fixo un cameo en Star Trek:Insurrección de Jonathan Frakes (1998). Así mesmo, interpretou o papel de Loreto, na telenovela Luna negra (2004).
Tamén presentou +Gente, en La 1 de Televisión Española, todas as tardes de luns a venres, xunto con Roi Groba.
Programas de televisión
Una pareja feliz (1994) Vamos a montar el Belén (1994) El imperdible (1997) Maridos y mujeres (1997) Corazón de... (1997-2012) ¡Mira quién baila! (2005-2009) +Gente (2012-2013) Corazón (2013-)
Galas
Gala de la programación (2001) Festival de la Canción de Eurovisión (2002-2004) -Portavoz dos votos españois- Nuestra mejor canción (2004) Ceremonia de clausura (2005) Badaladas desde a Porta do Sol (2005-actualidade) Gala FAO ¡Mira quién baila! (2006) La televisión cumple contigo (2006) Telepasión Española (1998 e 2006) La noche desesperada (2007) Gala FAO 2007 (2007) La Rioja, tierra universal (2008) X premios de la ATV (2008) Maratón Gala Fao 2008 (2008) Disco del Año 2008 (2009) Disco del Año 2008 (2009) Eurovisión: Destino Oslo (2010) Disco del año (2010) Una noche única (2011) Destino Eurovisión (2011) Disco del año (2011) Eurovisión: Pastora Soler (2012)
Filmografía Películas Adiós, tiburón (Carlos Suárez, 1996) como Elena. Menos que cero (Ernesto Talleria, 1996) como locutora. Suerte (Ernesto Talleria, 1997) como Amaia. O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2003) como Madre Izarne. Zorion perfektua (Jabi Elortegi, 2009) como Ainhoa.
Series Telepasión Española (...), Ana Toroja, Performer, Momia de Nefertiti (1997, 1999, 2000, 2002) ¡Ala... Dina! (2002) como Emperatriz Igartibula. Paraíso (2002-2003) como Arancha. El retorno de Omaita (2003) como vendedora. 7 vidas (2003) como Ruth. Martín (2003) como Joana. Luna negra (2003-2004) como Loreto. ¿Se puede? (2004)
Premios e nomeamentos Premio Ano Categoría Resultado Antena de Ouro 2005 Televisión Gañadora Premio ATV 2005 Mellor Comunicadora de Programas de Entretemento Nomeada TP de Ouro 2005 Mellor Presentadora de Programas de Entretemento Nomeada
Categoría:Presentadores de televisión do País Vasco Categoría:Nados en Elorrio Categoría:Nados en 1969 Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Presentadores de Televisión Española