Acontecementos Mediterráneo Oriental Clístenes de Atenas derroca o tirano Hipias en Atenas, iniciando unha reforma democrática (até o 508 a.C.).
Mediterráneo Occidental Os etruscos toman a cidade helénica de Sybaris, Italia. Finda o reinado de Lucio Tarquinio o Soberbio, último dos reis de Roma. Iníciase o período republicano en Roma. Tratado púnico-romano: recoñecemento da supremacía cartaxinesa no Mediterráneo occidental por parte de Roma, en tanto Cartago comprométese a non atacar os aliados romanos. Datación máis antiga do castro de Borneiro na Gallaecia (data por radiocarbono).
Arte e cultura miniatura|esquerda|175px|Templo de Ceres, Paestum, foto ca. 1860 Construción do templo de Ceres (en realidade de Atenea) en Paestum, Magna Grecia. Estela de Aristión, relevo funerario do escultor Aristocles (hoxe no Museo Nacional de Atenas).
Nacementos Cimón, fillo de Milcíades, estratego ateniense.
Mortes Annei, emperador do Xapón (n. ~577).
Outros
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:-510