Ramón Mariano Fernández Lera, nado na Estrada en 1949 e finado en Rincón de la Victoria (provincia de Málaga) o 20 de maio de 2022, foi un actor galego, máis coñecido como Chete Lera.

Traxectoria

Residente en Madrid desde neno, estudou enxeñaría aeronáutica e psicoloxía, ao tempo que traballaba nun banco. Na facultade estableceu contacto con diversos grupos de teatro, e en 1974 comezou a actuar co grupo Espacio Cero. Debutou no cinema en 1981 coa curtametraxe Crisis, se ben non tivo continuidade até que en 1990 participou na miniserie La forja de un rebelde e en 1991 na longametraxe Todo por la pasta. Desde entón alternou traballos no cinema, o teatro e a televisión.

Filmografía Longametraxes Todo por la pasta (1991), de Enrique Urbizu. La ardilla roja (1993), de Julio Medem. El niño invisible (1995), de Rafael Moleón. Sálvate si puedes (1995), de Joaquín Trincado. Familia (1996), de Fernando León de Aranoa. Zapico (1996), de Rafael Bernases. Secretos del corazón (1997), de Montxo Armendáriz. Dame algo (1997), de Héctor Carré. Abre los ojos (1997), de Alejandro Amenábar. Insomnio (1998), de Chus Gutiérrez. Barrio (1998), de Fernando León de Aranoa. Em dic Sara (1998), de Dolores Payás. Fisterra, onde termina o mundo (1998), de Xavier Villaverde. Arde, amor (1999), de Raúl Veiga. Extraños (1999), de Imanol Uribe. Flores de otro mundo (1999), de Icíar Bollaín. Plenilunio (1999), de Imanol Uribe. Cascabel (2000), de Daniel Cebrián. Jara (2000), de Manuel Estudillo. Smoking Room (2002), de Roger Gual e Julio D. Wallovits. Mi casa es tu casa (2002), de Miguel Álvarez. O alquimista impaciente (2002), de Patricia Ferreira Mañá. Ilegal (2003), de Ignacio Vilar. O misterio Galíndez (2003), de Gerardo Herrero. Fragments (2003), de Judith Colell. Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza. Malicia en el país de las maravillas (2004), de Gaizka Urresti. A promesa (2004), de Héctor Carré. Mentíndolle á vida (2005), de Jorge Algora. La vida perra de Juanita Narboni (2005), de Farida Ben Lyziad. Remake (2006), de Roger Gual. Ecos (2006), de Oriol Paulo. Os mortos van á présa (2006), de Ángel de la Cruz. Concursante (2007), de Rodrigo Cortés. O neno de barro (2007), de Jorge Algora. Tocar el cielo (2007), de Marcos Carnevale. A noite que deixou de chover (2008), de Alfonso Zarauza.

Curtametraxes Crisis (1982), de Gerardo Losada. Sueños en la ciudad (1992), de Cecilia de Lou. El crepúsculo de las momias (1993), de Teresa Nieto. Vientos de mal (1999), de Daniel Múgica. Cosas nuestras (1999), de José Pascual. El equipaje abierto (1999), de Javier Rebollo. O río ten mans (2000), de Beatriz del Monte. Sandra (2000), de Ángel de la Cruz. La caída del imperio (2001), de Fernando Merinero. Diminutos del calvario (2001), de Juan Antonio Bayona e Chiqui Carabante. El corazón de la memoria (2001), de Gaizka Urresti. El último veraneo (2004), de Valle Hidalgo. Canciones de invierno (2004), de Félix Viscarret. Somne (2005), de Isidro Ortiz. Escollera (2005), de Santiago Torres.

Televisión La forja de un rebelde (1990), de Mario Camus. La virtud del asesino (1997), de Roberto Bodegas. Tío Willy (1998), de Pablo Ibáñez. Médico de familia (1998) La habitación blanca (2000), de Antonio Mercero. Abuela de verano (2005)

Galardóns e nomeamentos Premio á mellor interpretación masculina ó conxunto dos actores de Smoking Room no Festival de Cine Español de Málaga 2002.

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2008Mellor actorOs mortos van á présaGañador Notas

Véxase tamén Ligazóns externas AVG

Categoría:Actores da Estrada Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en accidente de tráfico