Pablo Santos, nado en Monterrey (Nuevo León) o 9 de xaneiro de 1987 e finado preto de Toluca o 15 de setembro de 2006Noticia da morte na Fox , foi un actor mexicano.

Traxectoria Aos 12 anos trasladouse a vivir coa súa familia aos Ánxeles, nos Estados Unidos. En 2000 comezou a interpretar papeis secundarios no cine e a televisión, a súa máis importante participación foi como o fillo da familia mexicanoamericana protagonista de Greetings from Tucson, que se transmitiu na canle WB de 2002 a 2003.

Despois de rematar a serie apareceu no filme Party Animalz (2004) e nas series Law & Order: Special Victims Unit e Boston Public. Era membro da Igrexa da Ciencioloxía.

O 15 de setembro de 2006, Santos morreu nun accidente aéreo preto do aeroporto de Toluca cando viaxaba de Monterrey a Acapulco para celebrar o Día da Independencia Mexicana con seis amigos nunha avioneta, unha Piper Malibu Mirage PA 46, que se estrelou mentres intentaba unha aterraxe de emerxencia.

Filmografía Resurrection Boulevard (serie de TV, 2000). Episodio "Comenzando de nuevo" The Weeping Woman of the River (2000) Alias (serie de TV, 2001). Episodio "Doppelgänger" The Shield (serie de TV, 2002). Episodio "Crash Boom Love" partes 1 e 2 American Family (serie de TV, 2002). Episodio "Journey of Dreams" The Proud Family (2003) (serie de TV) Jeremiah (serie de TV, 2002). Episodio "Red Kiss" Cojones (2002) Greetings from Tucson (serie de TV, 2002) Law & Order: Special Victims Unit (serie de TV, 2002). Episodio "Angels" Boston Public (serie de TV, 2003). Episodio 1: "Chapter Sixty Seven" Party Animalz (2004) Shackles (2005) Sea of Dreams (2005) Walkout (2006) Gettin' Some Jail Time (2006) Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web de Pablo Santos

Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Nados no estado de Nuevo León Categoría:Nados en 1987 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Actores de televisión de México Categoría:Personalidades sen imaxes