miniatura|Ilustración de sexo anal. O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer.Véxase páxina 270–271 para información do sexo anal, e páxina 118 para información do clítoris. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais. Algunhas clases de sexo anal poden ser parte das prácticas sexuais lésbicas. O pracer no sexo anal pódese experimentar a través da estimulación das terminacións nerviosas anais, e o orgasmo pode acadarse coa penetración anal, ben sexa coa estimulación indirecta da próstata masculina, a estimulación indirecta do clítoris ou a área da vaxina asociada co punto G nas mulleres, e outros nervios sensitivos (especialmente o nervio pudendo).Véxase páxina 3 para mulleres que prefiren o sexo anal ó vaxinal, e páxina 15 para acadar o orgasmo a través da estimulación indirecta do punto G. Porén, tamén pode ser unha práctica dolorosa, en ocasións en exceso, que poden deberse a factores psicolóxicos nalgúns casos.
Como a maioría de formas de actividade sexual, os participantes en sexo anal corren o risco de contaxiarse Infeccións de transmisión sexual (ITS). O sexo anal está considerada unha práctica sexual de alto risco por mor da vulnerabilidade do ano e do recto. Os tecidos anal e rectal son moi delicados e non contan con lubricación natural, polo que poden danarse doadamente e permitir a transmisión de infeccións, especialmente se non se emprega lubricante. O sexo anal sen a protección do preservativo está considerada a máis arriscada forma de práctica sexual, e por ese motivo, autoridades como a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomendan prácticas de sexo seguro para o sexo anal.World Health Organization, Department of Reproductive Health and Research Global strategy for the prevention and control of sexually transmitted infections: 2006–2015. Breaking the chain of transmission , 2007, ISBN 978-92-4-156347-5
O sexo anal non é, polo xeral, unha práctica ben considerada. É controvertido en numerosas culturas, especialmente por mor das prohibicións relixiosas. Son comúns as prohibicións de sexo anal entre homes xa que se opón ó propósito procreador da actividade sexual. Pode estar considerado como tabú ou contranatural, e é un acto criminal nalgúns países, penado con castigo físico ou pena de morte. Por outra banda, tamén hai xente que considera o sexo anal unha forma válida e natural de actividade sexual que é complementaria a outras expresións do desexo sexual. Estas persoas considérano un elemento importante da súa vida sexual ou a principal forma de actividade sexual.
O sexo anal na historia miniatura|250px|Home e muller tendo sexo anal miniatura|Adulto romano tendo sexo anal con mozo (século I), atopado en Palestina
O sexo anal reviste desde tempo atrás na historia o carácter de «vencer a última barreira».
Aínda que en Roma non estaba permitido nin por conseguinte ben visto que un cidadán romano mantivese sexo anal (poedicare) con outro cidadán romano, non había ningún impedimento se o facía cun escravo ou escrava. Horacio (65-8 aC), poeta lírico e mestre da sátira, faise eco desta situación tan ubicua:
O sexo anal foi considerado tabú en moitos países occidentais desde a Idade Media cando se rumoreaba que membros homes de movementos heréticos o practicaban entre eles. Durante a Idade Media, a maioría dos clérigos cristiáns non eran célibes, pero as ordes máis elevadas dalgúns credos heréticos si, o que xeraba o rumor da súa atracción cara a membros do seu mesmo sexo.
Algúns retablos e drolleries medievais en madeira retratan a persoas realizando anilinguo cun demo metade cabra, metade home.
Esta práctica foi condenada nos últimos dous mil anos pola maioría das relixións: tanto por ser infértil (é unha das prácticas naturais máis típicas para o control da natalidade, en canto coito substitutivo do vaxinal), como por levar serios riscos hixiénicos. Aínda en 2007 a pedicación é considerada delito en certos estados dos Estados Unidos de América, ata dentro de matrimonios legalmente constituídos.
A persistencia do tabú ao longo dos séculos difundiu a idea de que o coito anal sería «contranatural», fronte ao coito vaxinal. Con todo hai que considerar que no proceso evolutivo a vaxina é un conduto de moi recente aparición, e que na etapa en que se desenvolveron os réptiles o conduto receptor do seme foi a cloaca, polo que ambas as prácticas sexuais dánse na natureza desde moitos millóns de anos atrás. Hai que considerar tamén que a sexualidade humana ten fins máis amplos que soamente o reprodutivo, e neste sentido, en tanto que esta práctica tamén pode considerarse un xogo sexual, ten tamén pleno sentido biolóxico.
Actualmente, o sexo anal está considerado unha das prácticas sexuais máis estendidas en parellas homosexuais e tamén heterosexuais. Diversos estudos revelan que, hoxe en día, mulleres e homes confesan gozar do sexo anal. Aproximadamente o 40% das parellas heterosexuais intentárono polo menos unha vez e, segundo atendamos a uns ou outros estudos, entre o 10 e o 20% de parellas practícano con regularidade.
Termos relacionados thumb|Cowboy thumb|Dobre penetración thumb|Pegging thumb|Anilingus O carácter tabú desta práctica provocou que aparezan palabras alternativas, con distintas utilidades, para identificar e, no seu caso desprezar, a súa realización por parte de homosexuais. Tal é o caso da palabra «sodomizar», usada para suavizar o significado grego ou, pola contra, para remarcar pexorativamente o feito, ao tratarse dunha rotura de tabú do tipo "rompeulle o cu".
A orixe do termo «sodomía» provén de Sodoma, cidade de Canaán que, segundo o capítulo 19 do libro do Xénese, na Biblia, o Deus Xehová destruíu por medio dunha choiva de lume para castigala polo pecado (a pesar de que se cre que foi a práctica da homosexualidade que quixeron realizar á forza cuns visitantes que foron a avisar a Lot do inminente cataclismo, e que resultaron ser anxos enviados por Yahvé).
Na Italia de finais do Renacemento, ao pintor Giovanni Antonio Bazzi, chamábanlle «Il Sodoma» («o sodomita» ou homosexual).
Sexo anal na literatura
Ademais do Marqués de Sade, moitos autores como Bocaccio, Chaucer, Petronio ou Rabelais describiron este tipo de prácticas nas súas obras. Entre os autores do século XX que introduciron escenas de sexo anal nos seus escritos, atópanse Guillaume Apollinaire e Pierre Louys.
Algunhas citas extraídas de literatura sobre o sexo anal:
Guillaume Apollinaire, na súa obra As once mil vergas:
Giovanni Boccaccio:
Allen Ginsberg:
Sexo anal no cine
Considérase que o primeiro coito anal do cine convencional protagonizouno Gunnel Lindblöm, quen ensinou que se podía ter coitos noutro lugar que non fose a alcoba coa luz apagada e por outro lugar que non fose a vaxina. O coito anal filmado na película O silencio de Ingmar Bergman, levouse a cabo nas butacas dun cine semivacío.
Tamén se podería indicar Querelle, aínda que esta é unha película no límite da pornografía.
Outros títulos nos que sucede sexo anal son os seguintes: O último tango en París (a famosa escena da manteiga); Expreso de medianoite Instinto básico (cos personaxes de Michael Douglas e Jeanne Tripplehorn); Isi/Disi. Amor a lo bestia La buena estrella A casa de cristal Unfaithful, protagonizada por Richard Gere, Diane Lane e Olivier Martinez. Brokeback Mountain En canto á cinematografía pornográfica, as escenas que conteñen sexo anal volvéronse omnipresentes ao ser unha práctica moi demandada. Nestas escenas é común que as nádegas e ano da persoa penetrada estea afeitado ou depilado, así como os testículos e pube da persoa que penetra, para unha mellor visualización da penetración.
Sexo anal na televisión
Aínda que obviamente o sexo anal no cine é emitido nalgunhas canles ou en programas especiais en distintos países do mundo, non constan programas de televisión en directo onde se practicara sexo anal. Con todo é un medio que desde o desenvolvemento de Internet permitiu a visión de imaxes ata agora infrecuentes: os vídeos roubados.
Unha das escenas de sexo anal privado máis coñecidas está no vídeo privado que protagonizaron os actores venezolanos Roxana Díaz e Jorge Reyes. Nesta curiosa escena obsérvase a Díaz practicando sexo anal sentada sobre o seu compañeiro e como se vira, sen sacar o pene de dentro para cambiar de postura. A actriz comentou que non se arrepentía de nada.
O desexo de sexo anal e o seu estímulo
miniatura|dereita|200px|Glúteos humanos femininos
Con independencia da chamada ao desexo que pode orixinar o poder romper un tabú, existen razóns antropolóxicas polas que a visión dun traseiro provoca desexo sexual.
Gräffenberg, o investigador alemán que descubriu o Punto G e lle dá nome, cría que a postura ideal para estimular esa zona -e obter a máxima excitación- era a penetración por detrás como o fan todos os cuadrúpedes, xa que o ser humano evolucionou desde primates que aínda non eran bípedes, para posteriormente erguerse. Moitos estudosos seguiron considerando que a postura cara a cara era exclusivamente humana e polo tanto «contranatural» pero as últimas investigacións con bonobos desvelaron que eles tamén usan a penetración cara a cara e que as femias tamén teñen o clítoris fóra da vaxina.
O comportamento sexual dos bonobos, que practican bicos con lingua, penetración por diante e por detrás, felacións, cunnilingus, frotamentos, masturbación e tocamentos diversos; e todo isto indistintamente do sexo do outro bonobo, xa sexa entre machos, entre femias, só, acompañado ou en grupo revelaría que a natureza destas prácticas puidese non estar ligada á cultura senón á natureza da especie.
Con independencia de que se produza a penetración, a visión dun ano, a súa caricia e sobre todo o contacto do pene cun pode provocar facilmente a erección. De entre as zonas que producen excitación velas, é un feito que a palabra «cu» está moito máis presente en Internet que «conas» ou «tetas» .
Os glúteos humanos son de feito proporcionalmente máis grandes que os doutros primates. En parte polo bipedismo pero, segundo algúns estudosos, tamén para fomentar a atracción sexual.
Posto que o valor evolutivo do sexo é fundamentalmente reprodutivo iso explicaría o relativo maior tamaño das nádegas femininas. A utilidade social do sexo, do mesmo xeito que ocorre nos bonobos, explicaría o desexo de penetrar a individuos do mesmo sexo.
Os glúteos así mesmo son moi sensitivos e, se a experiencia das caricias estimula o desexo sexual, nalgunhas posturas de práctica do coito loxicamente tamén se produce un contacto rítmico cos glúteos, o que é un forte estímulo sexual para ambas as partes.
En canto a cal é a morfoloxía de glúteos que se considera desexable, esta variou coa cultura: nalgunhas épocas preferíanse prominentes e na actualidade valórase que sexan visibles, pero á vez firmes e harmoniosos.
Sexo anal seguro e hixiene