Acontecementos Asia O xeneral chinés da dinastía Han, Wiman, funda na Corea setentrional o reino de Wiman Joseon, que durará até -108.
Europa Marzo: O Senado romano ordena a Flaminio evacuar as tropas que ocupan Grecia. A retirada comporta o saqueo de numerosas obras de arte gregas que pasan a Roma. Hispania - Batalla de Ilipa: O xeneral romano Escipión Násica derrota unha incursión de lusitanos na Bética, preto de Ilipa (localidade identificada coa actual Alcalá del Río). É a primeira vez que as fontes romanas citan aos lusitanos. Marco Porcio Catón toma a cidade de Iacca (Jaca), nos Pireneos, capital dos iacetanos.
Nacementos
Mortes Eratóstenes, matemático e astrónomo grego (data posíbel de falecemento; n. ca. -276)
Historia ano a ano
Categoría:-194