Santa Cristina da Ramallosa é unha parroquia do concello de Baiona. Segundo o IGE no ano 2013 tiña 3.186 habitantes. Pertence ó arciprestado de Miñor, e limita coas parroquias de Baíña e Belesar, San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Borreiros (Gondomar).
As súas entidades de poboación son As Areas (170), Bouzós (81), O Caeiro (141), O Cruceiro Novo (71), A Devesa (47), O Xuncal (252), A Ladeira (170), Morade (70), O Outeiro (223), A Ponte (98), A Ponte Nova (260), A Ramallosa (948), A Ribeira (69), Sabarís (387), A Serralleira (21), O Sopegal (55) e Viso de Calvos (123).
Xeografía Pola parroquia pasa o río Miñor que desemboca na ría de Baiona, formando un esteiro habitado por garzas e outras aves mariñas. Ó final do esteiro atópase a praia da Ladeira, a máis extensa e concorrida do municipio; situada nunha frecha litoral.
Patrimonio Até o século XIII recibiu o nome de Santa Cristina de Miñor. Recibe o nome actual desde a construción da ponte da Ramallosa no estuario do río Miñor, que a conecta coa veciña parroquia de San Pedro da Ramallosa.Navazas, G.: Fitotoponimia galega, p. 265. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 2006.. No seu monte na Serra da Groba, atópase o conxunto de petróglifos do Outeiro dos Lameiros. A igrexa, a pesar de ser de construción recente, conserva un pórtico lateral que pertenceu a unha antiga capela románica.
Feira En Sabarís celébrase un importante mercado todos os luns. Aínda que xa hai constancia de que no século XV había un mercado no lugar grazas á súa situación estratéxica no Val de Miñor, as primeiras referencias de se celebrar nos luns datan de 1736. A autorización oficial é de 1838.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa Cristina da Ramallosa
Parroquias de Baiona
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Zona especial de conservación A Ramallosa Ligazóns externas Santa Cristina da Ramallosa na páxina da Diocese de Tui-Vigo
Categoría:Parroquias de Baiona Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cristina Categoría:Localidades do Camiño Portugués Ramallosa