Siegen é unha cidade do distrito de Siegen-Wittgenstein, en Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. A súa superficie é de 114.67 km² e a poboación de 104.289 habitantes (2007) e ten unha densidade de poboación de 909 hab./km². A corporación municipal está composto por 25 concelleiros da CDU, 19 SPD, 7 Verdes, 5 FDP, 5 independentes e 1 do Statt Partei. A súa universidade ten 12500 alumnos.
A cidade aparece por primeira vez escrita en 1079 co nome de Sigena. Convertida ao protestantismo durante a Reforma, unha parte da poboación volveu ao catolicismo coa Contrarreforma, máis recentemente estableceuse unha numerosa comunidade islámica, unhas 15000 persoas, debido á inmigración.
Categoría:Cidades de Renania do Norte-Westfalia