Para unha maior información véxase o artigo: República Federal Socialista de Iugoslavia A República Federal Popular de Iugoslavia (en croata: Federativna Narodna Republika Jugoslavija, en esloveno: Federativna Ljudska Republika Jugoslavija, en macedonio e serbio: Федеративна Народна Република Југославија) foi a denominación oficial de Iugoslavia entre 1946 e 1963, que substituíu a República Democrática Federal de Iugoslavia, e que foi substituído polo de República Federal Socialista de Iugoslavia.

Foi gobernada polo Partido Comunista de Iugoslavia, sendo o Primeiro Ministro Josip Broz Tito. O Partido Comunista de Iugoslavia foi expulsado da Internacional Comunista polas súas críticas a Stalin. Durante a República Federal Popular de Iugoslavia comezáronse a adoptar medidas descentralizadoras, que posteriormente darían lugar ao socialismo autoxestionario, sistema económico que se engloba dentro das experiencias do socialismo de mercado.

Véxase tamén Iugoslavia República Federal Socialista de Iugoslavia República Democrática Federal de Iugoslavia Josip Broz Tito

Categoría:Iugoslavia Categoría:Historia de Bosnia e Hercegovina Categoría:Historia de Croacia Categoría:Historia de Eslovenia Categoría:Historia de Montenegro Categoría:Historia de Kosovo Categoría:Historia de Serbia Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Historia de Macedonia do Norte

sr:Федеративна Народна Република Југославија