Mónica García Pérez, nada en Luarca (Asturias) en 1966, é unha actriz galega con ampla experiencia teatral e televisiva. Destacan especialmente os seus papeis nas series da TVG Pratos combinados e Valderrei, na que interpretou o papel protagonista, e a súa pertenza á compañía teatral Chévere.
Filmografía Televisión Pratos combinados (1999-2006, capítulos 105-261). Como Mónica Regueiro. Pillados (2006) Valderrei (2007) Como Isa. Serramoura (2015) Capítulos 20-23. Como Inés Carro.
Cine Continental (1990), de Xavier Villaverde. Contos de Alentraia: Tornabón (1994), de Jorge Coira e José Carlos Soler. Aínda máis difícil (1998), de Ángel de la Cruz. Sei quen es (1999), de Patricia Ferreira Mañá. Alzhéimer (2000), de Álex Sampayo. O lapis do carpinteiro (2001), de Antón Reixa. Os luns ó sol (2002), de Fernando León de Aranoa. Bobo Furcia (2002), de Álex Sampayo e Xoel Fernández. Para que non me esquezas (2004), de Patricia Ferreira Mañá. Amelia e as sereas (2006), de Ghaleb Jaber. Galatasaray-Dépor (2006), de Hannes Stöhr. A biblioteca da iguana (2006), de Antón Dobao. Bechos raros (2006), de Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes. A mariñeira (2007), de Antón Dobao. A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.
Teatro As actas escuras (CDG, 2009; como leiteira, muller 1 e criada). Citizen (2011) Eurozone (2013) As fillas bravas (2014) Ultranoite no País dos Ananos (2014) Divinas Palabras Revolution (2018)
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2002Mellor actriz secundariaPratos combinadosNomeada
Premio María Casares á mellor actriz secundaria É a actriz que máis veces recibiu este galardón da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en concreto en tres ocasións. Recibiuno en 1997 por Bailando en verán, en 2003 por Os espectros e en 2012 por Citizen.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na AVH
Categoría:Actores de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados en Luarca Categoría:Nados en 1966