A hipoxemia é a diminución anormal da cantidade de osíxeno transportado no sangue arterial, caracterizada polas cifras de presión parcial de osíxeno sanguíneo por debaixo das consideradas normais.
Pode ser causado pola diminución da presión inspirada de osíxeno (PIO2), por hipoventilación alveolar, por unha difusión inadecuada do osíxeno a través do alvéolo, polo desequilibrio da ventilación-perfusión e por shunt.
A baixa concentración de osíxeno no sangue provoca unha deficiente liberación de osíxeno nos tecidos, esta hipoxia pode causar un baixo rendemento mental ao afectar ao Sistema nervioso central.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Asma Apnea do sono Doenza pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) Insuficiencia respiratoria
Categoría:Fisioloxía Categoría:Síntomas