A sinerxía é o resultado ou efecto resultante da integración de elementos individuais, cando ese resultado excede ao simple agregado dos efectos que tales elementos terían.

O termo sinerxía deriva do grego synergía, de syn "cooperación" máis érgon, "traballo".

A sinerxía en bioloxía En bioloxía refírese ao concurso activo e concertado de varios órganos para realizar unha función.

A sinerxía en socioloxía

A sinerxia fai referencia a asociacións que se reforzan mutuamente, sendo que todo proceso sinérxico produce resultados cualitativamente superiores ao agregado de actuacións illadas individuais.

A sinerxía na teoría xeral de sistemas En relación coa teoría de sistemas, a forma máis sinxela para explicar o termo sinerxía é examinando un obxecto ou ente tanxible ou intanxible e se ao analizar as partes illadamente estas non dá unha explicación relacionada coas características ou a conduta deste, entón estase falando dun obxecto sinérxico. Pódese dar recursividade en canto a que un sistema sinérxico estea composto á súa vez de subsistemas tamén sinérxicos.

Véxase tamén Outros artigos Propiedades emerxentes simbiose antibiose análise sistémica cibernética autoregulación estigmerxia

Categoría:Teoría de sistemas Categoría:Socioloxía Categoría:Bioloxía Categoría:Termodinámica

es:Sinergia uk:Синергетика