Santa Baia de Alcabre é unha parroquia do concello de Vigo na comarca homónima. Segundo o IGE, en 2022 tiña 4.222 habitantes (2.001 homes e 2.221 mulleres). Limita coas parroquias de Bouzas, Coia, Santo André de Comesaña e Navia e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 21 entidades de poboación, 3 lugares e 3.673 veciños (2013).
As súas entidades de poboación son as seguintes: A Ameixeira (102), Barreiro (243), O Carregal (313), O Casaliño, O Castañal (85), O Cruceiro (65), A Fonte das Grilas (71), O Forte (34), Freixeiro, A Garita (57), A Igrexa (405), A Millareira (90), A Montana (104), O Muíño do Vento (107), A Pardaíña (19), As Pertegueiras (78), A Quiringosta, Roade (557), A Robaleira (57), A Sobreira (184), Turido (131), A Veiguiña (174) e Viña Grande (94).
Xeografía Limita polo leste con Bouzas e Coia, polo sur con Santo André de Comesaña e Navia e polo oeste e norte coa Ría de Vigo.
É unha das parroquias máis pequenas. Está na costa, e caracterízase xeograficamente polo gran número de praias que alberga. Contabilízanse ata dez: A Fontoura (case desaparecida), O Carril, Santa Baia, O Cocho ou Matadoiro, Mourisca, Fontes ou Olmos, Tombo do Gato ou da Fonte, A Espedrigada, O Cocho das Dornas e O Laxón (a parte máis ao norte da praia de Samil).
Patrimonio Na contorna do Monte das Cruces topáronse pezas líticas dos anos 6.500-4.500 a.c., e nas escavacións arqueolóxicas de finais da década de 1980 apareceron na praia do Cocho, ao carón do Museo do Mar, restos de muros, tégulas, bases de columnas e muíños de man dun antigo asentamento romano.
Alberga un interesante conxunto relixioso do século XVIII, formado pola igrexa, a casa reitoral e o cemiterio. A nova igrexa de Santa Baia foi rematada no ano 1999 e, próximo a ela, atópase o pazo de Sensat construído na década de 1940. Tamén na parroquia atópase o Museo do mar de Galicia, construído sobre o castro da Punta do Muíño do Vento.
A praia de Fontes (famosa polos asasinatos de veciños despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936), acolle un monólito de homenaxe ás vítimas.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Alcabre
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Vigo
Categoría:Parroquias de Vigo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia