Giuseppe Lepori, nado o 2 de xuño de 1902 e finado o 6 de setembro de 1968, foi un político suízo, natural da comuna de Lopagno no cantón de Ticino, membro do Partido Popular Conservador
Carreira Giuseppe estudou nun liceo de Lugano. Logo cursou dereito na Universidade de Friburgo, licenciándose en 1925.
Deputado no Gran Consello ticinés de 1927 a 1940 e conselleiro municipal de Massagno de 1928 a 1929. Foi vicealcalde da cidade de Bellinzona de 1936 a 1940.
En febreiro de 1940, Giuseppe entrou no Consello de Estado do cantón de Ticino, ocupando a vacante que deixara Enrico Celio, elixido para o Consello Federal. Foi director dos departamentos de Policía e Educación ata 1947, cando logo da alianza cos radicais e socialistas, asumiu os departamentos de Xustiza e Interior.
Presidente do Partido Conservador Democrático Ticinés de 1945 a 1954.
Consello Federal Elixido para o Consello Federal o 16 de decembro de 1954, deixou o posto o 31 de decembro de 1959. Durante o seu mandato, dirixiu do Departamento Federal de Correos e Ferrocarrís, actualmente coñecido como Departamento Federal do medio ambiente, transportes, enerxía e comunicacións, no que se ocupou principalmente da regulamentación da televisión e da lei de ferrocarrís de 1957.
En 1959 ocupou a vicepresidencia da Confederación Suíza. O 24 de novembro dese ano, por mor dunha grave enfermidade, Lepori presentou a súa renuncia efectiva desde o 31 de decembro.
Fonte Wikipedia en lingua castelá (versión do 13 de novembro de 2007)
Referencia Información na Web do Consello Federal Suízo
Categoría:Conselleiros federais de Suíza Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Nados no cantón de Tesino