Barcelona-Estació de França (en galego: Estación de Francia) é unha estación de ferrocarril da cidade de Barcelona. É a estación terminal da liña Barcelona-Xirona-Portbou e nela paran trens da liña R2 sud de rodalies, varios servizos rexionais e algúns de Longa distancia.
A estación entrou en servizo en 1929 substituíndo a estación de Granollers ou Barcelona Término, construída en 1854 cando entrou en servizo o tramo construído por Camins de Ferro de Barcelona, entre Barcelona e Granollers.
É a segunda estación máis importante da cidade, despois de Barcelona-Sants, por ser cabeceira dos trens de Longa distancia que se dirixen a Francia e cabeceira da maioría dos rexionais que veñen do sur e leste de Cataluña.
Situación Atópase na Avinguda del Marquès de l'Argentera, que fóra Eduard Maristany, impulsor da actual estación monumental. Está no distrito de Ciutat Vella, preto da Barceloneta e do Parque da Ciutadella e non moi lonxe da Vila Olímpica. A menos de 500 m encóntrase a estación de Barceloneta do metro de Barcelona, onde se pode colle-la liña 4.
Trens Rodalies Renfe / Media Distancia Renfe 250px|Interior da estación|miniatura Liña seguinte destino Rodalies Barcelona de Renfe 38px Barcelona-Passeig de Gràcia Vilanova i la GeltrúSant Vicenç de Calders Media Distancia 30px 30px Barcelona-Passeig de Gràcia Lleida-Pirineus 30px ReusMóra la NovaFlixRiba-roja d'Ebre 30px CambrilsTortosaVinaròsValencia-Nord 30px CaspeZaragoza-Delicias
Longa Distancia Nome do servizo Destino Euromed Valencia-Joaquín Sorolla Alvia Madrid-Puerta de Atocha TalgoTorre del Oro Sevilla-Santa Justa
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Estación de Barcelona-Sants Estación de Barcelona-Sagrera
Ligazóns externas
Páxina oficial de Renfe Páxina oficial do TMB
França