miniatura|dereita|260px|Braña onde nace o Garona O río Garona (en occitano: Garona, en francés: Garonne, en latín: Garumna) é un río que flúe por España e Francia, e que ten unha lonxitude de 647 km.
Percorrido Nace na Pla de Beret, no Val de Arán, Lleida, España, a uns 1.870 m de altitude, para dirixirse decontado cara a occidente e logo ao norte atravesando todo o Val de Arán. Posteriormente incúrvase en arco, tomando dirección noroeste que o levará a desembocar no océano Atlántico, formando o amplo estuario, 75 km, da Xironda (Gironde).
Conca e caudal A súa bacía abrangue unha área de 55.000 km². O seu caudal medio, na foz, en Bordeos, é de 700 m³/s.
Afluentes O río ten numerosos tributarios. Cómpre destacar, e en orde desde a fonte á foz, e correspondentes lonxitudes: Pola esquerda: Neste, 85 km. Save, 143 km. Pola dereita: Ariège, 170 km. Tarn, 375 km. Lot, 481 km. Dordogne, 490 km.
Cidades que atravesa Durante o seu percorrido baña as cidades francesas de Agen, Tolosa (Toulouse) e Bordeos Véxase tamén
Categoría:Ríos de Cataluña Categoría:Ríos de Francia Categoría:Ríos cantábricos