O Dâmbovița () é un río de Romanía, cunha lonxitude de 258 km, subafluente do Danubio, e que baña a capital do país, Bucarest.
Percorrido O río ten a súa orixe nas Montañas Făgăraş. No seu curso pasa por Bucarest, antes de se unir ao río Argeş, pola súa beira esquerda, en Budeşti, na provincia de Călăraşi. A súa conca cobre unha área de 2.837 km2.
A provincia de Dâmbovița recibe o seu nome do río, xa que a baña en boa parte do seu curso.
Afluentes Entre os numerosos afluentes do río, destaca, pola esquerda, o río Colestina.
Cidades que atravesa O Dâmbovița atravesa os seguintes concellos, poboacións e cidades:
Dragoslavele, Malu cu Flori, Cândeşti, Vulcana-Băi, Voineşti, Măneşti, Dragomireşti, Lucieni, Nucet, Conteşti, Lunguleţu, Bucarest, a capital do país; Plătăresti, Vasilaţi e Budeşti Véxase tamén
Dambovita Categoría:Afluentes do Danubio