A disfasia é un trastorno da linguaxe consistente nun atraso grave na adquisición da fala e da linguaxe expresiva debido a problemas neuropsicolóxicos.

Os nenos que a sofren teñen un baixo nivel de adquisición da linguaxe (aproximadamente a metade do resto dos nenos no ensino elemental). As deficiencias específicas explícanse coma unha incapacidade ou atraso en:

organización dos fenómenos senso-auditivos; retención ou mantemento de datos na mente; análise de feitos e comparación con outros; utilización de enunciados, inflexións de voz e dedución do significado das verbas;

Esta alteración denomínase tamén afasia evolutiva, aínda que este termo é tecnicamente incorrecto se non existe unha evidencia de perda da linguaxe.

Categoría:Trastornos da linguaxe