Xàtiva é unha cidade da Comunidade Valenciana, capital da comarca da Costera. Historicamente, Xàtiva foi unha das poboacións máis importantes do Reino de Valencia, rivalizando ata con Valencia e Orihuela, as outras dúas cidades máis importantes na época foral. Así, como Orihuela e Segorbe tiñan a súa sede episcopal, Xàtiva era a segunda cidade en votar en cortes.
Actualmente ten 30.334 habitantes, incluíndo as pequenas pedanías integradas de Annauir, Sorió e Torre d'En Lloris. Malia o seu peso demográfico actual ser menor, continua a ser unha da cidade de referentes históricos e culturais.
Os habitantes de Xàtiva chámanse xativans, aínda que popularmente son coñecidos por socarrats, porque as tropas de Filipe V queimaron a cidade durante a Guerra de Sucesión Española. O ensañamento do rei foi tal con esta cidade que lle chegou a muda-lo nome polo de Nueva Colonia de San Felipe e os seus habitantes deportados cara á Mancha. Por este motivo o retrato deste rei esta cara a abaixo no Museu de L'Almodí da cidade.
Xeografía esquerda|miniatura|200px|Filipe V no Museu de l'Almodí de Xàtiva Sitúase entre as cuncas do río Albaida e do seu afluente o río Cànyoles. O seu termo ten perímetro moi desigual, xa que fóra del ten varios enclaves territoriais, dos que destaca pola súa extensión o Realeng.
A cidade está enclavada aos pés do cerro do castelo (Castell). As súas ladeiras chegan a ocupar algunhas casas e esténdense ata a parte máis chá da veiga.
dereita|miniatura|290px|Vista de Xàtiva
Acceso Dende Valencia accédese a través da A-7 e a N-340. Tamén enlaza coa autovía A-35 ata Almansa e o centro peninsular. Tamén ten estación de ferrocarril da liña C-2 da rede de Proximidades de Valencia.
Barrios e pedanías No termo municipal de Xàtiva atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación: Annauir El Realenc Sorió Torre d'En Lloris
Clima O clima en Xàtiva é mediterráneo. Porén, pola súa situación relativamente afastada da costa e entre vales, os veráns son máis calorosos que noutras zonas da Comunidade Valenciana. Rexistra frecuentemente as máximas de toda a zona e de toda a península no verán.
Demografía Xàtiva ten 29.459 habitantes (INE 2021) dos que un 9,0% son inmigrantes.Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).
Evolución demográfica de XàtivaFonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842. Series de poboación dos municipios dende 1996. 1707Antes do Asedio de Xàtiva, segundo Isaïes Blesa Duet en A destrución de Xàtiva en 1707 e o goberno da cidade no exilio, ed.Ulleye,Xátiva,2007,pag.751708idem.1787Un pouco máis de 12.000 segundo Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.1561808MªPilar Hernando Serra e Ramon Aznar i Garcia, Xátiva durante a guerra do Francés, 1808-1814, Matéu Impresores,Xátiva, 2002, pax.251814Idem.pax.1031829Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.1561857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2007 12.000 400 12.66512.000 10.872 12.59615.747 14.099 12.600 12.737 14.148 15.087 18.263 18.092 19.89621.578 23.755 24.586 25.478 28.474 30.334 Entre o censo de 1887 e o anterior, Xàtiva recibiu un incremento de poboación ao incorporarse o municipio desaparecido de Annauir.
Gastronomía e festas dereita|miniatura|290px|Castelo de Xàtiva dereita|miniatura|290px|Vista nocturna da catedral Son pratos moi coñecidos o arroz ao forno e o arnadí. Dende 1250 celébrase por privilexio real de Jaume I a Fira de Xàtiva.
A celebración da Semana Santa tamén se vive con grande intensidade, así como a celebración do Corpus Christi, coa típica procesión de xigantes e cabezudos.
Notas