A festa da empanada da Bandeira é unha festa gastronómica celebrada a terceira fin de semana de agosto desde 1974 na carballeira da Pomba, na vila da Bandeira (Silleda). Está declarada Festa de interese turístico de Galicia desde o ano 1999.
Características
Celébrase un concurso con dúas categorías: para particulares e para restaurantes. Un experto xurado proba todas elas para elixir as mellores, valorando non só o sabor senón tamén a presentación. Despois, as empanadas gañadoras póxanse publicamente entre o público asistente á cita gastronómica, chegando a pagarse por unha empanada 2400 €, récord igualado no ano 2022.
Xunto co concurso, a festa da empanada conta cun pregón e unha comida e cea popular amenizadas con charangas, grupos tradicionais e orquestras. Ademais das empanadas e outros manxares, son moi significativos os festivais da empanada: o Esmorga Folk (terceiro venres de agosto) e o Festival Bandeirock (terceiro xoves de agosto).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Outros artigos
Empanada Categoría:Silleda Categoría:Festas de interese turístico de Galicia