dereita|miniatura|230px|Cruz celta
A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía, en Auvernia e en Lemosín principalmente) ou Galicia.
Historia As súas orixes son precristiás e cando o cristianismo se introduciu en Escocia, Gales, Irlanda, Cornualla o símbolo adaptouse á cruz latina e recargouse con gravados de tradición celta. As máis coñecidas son as representadas coma cruces monumentais semellantes aos cruceiros galegos, chamados cruces maiores (high crosses), como as de Kells (condado de Meath) e a de Monasterboice (condado de Louth). A cruz celta é un símbolo do cristianismo occidental. A partir de 1949, cando Jeune Nation a elixiu como símbolo tamén a utilizan algúns grupos de extrema-dereita, primeiro en Francia e logo noutros países europeos.
Galicia En Galicia atopamos un tipo de cruces con anel, semellantes ás británicas, coroando hórreos Tamén aparecen en igrexas e cemiterios, porén non son comúns as cruces celtas en cruceiros (que sería a forma máis común nas Illas británicas, nas súas high crosses). Cómpre salientar que existe un estilo de cruz celta especificamente galega da época románica""Hai cruces antefixas de moitos tipos pero son as entrelazadas as máis chamativas e características de todas as que podemos atopar polo país. Están formadas na maior parte dos casos por unha cruz cristiá xeralmente de brazos iguais, do tipo da cruz de paté ou grega, e un círculo que a rodea; xunto con isto está ornamentada cun entrelazado da máis pura arte celta primitiva") que combinan unha cruz celta cun nó celta simple. Unha cruz semellante é a cruz de San Mauro na Abadía de Glanfeuil, en Maine e Loira (Francia) labrada entre o séculos IX e XI.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patricio de Irlanda Labirinto celta Shamrock Tríscele Triquetra Nó celta Cruz carolinxia Cruz monumental Cruz maior
Ligazóns externas Páxina de Celtiberia.net sobre a cruz celta.
Categoría:Cruces cristiás Categoría:Arte celta Categoría:Símbolos de Irlanda Categoría:Europa atlántica