300px|miniatura|dereita|Andens e vías da estación Sevilla–Santa Justa é a principal estación ferroviaria da cidade de Sevilla, inaugurada o 2 de maio de 1991La estación Santa Justa cumple 20 años con más de 120 millones usuarios Diario de Sevilla.. A súa apertura supuxo o peche das históricas estacións de Plaza de Armas e de San Bernardo. É a terceira estación de España, tras as de Madrid-Atocha e Barcelona-Sants cun volume de viaxeiros próximo aos 13 millóns anuais dos cales ao redor de 7 millóns correspóndense co tráfico de proximidade.Datos do ano 2010 no Anuario del ferrocarril 2011 editado pola Fundación de los Ferrocarriles Españoles y Vía Libre.

Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Sevilla con destinos nacionais como Madrid, Barcelona, Valencia e o resto de Andalucía. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela todas as liñas da rede.

Está situada nun dos principais accesos a Sevilla, a avenida de Kansas City, continuación natural cara ao centro da N-IV e moi preto do centro histórico.

Situación ferroviaria Sevilla-Santa Justa atópase a 9 metros de altitude no trazado da liña férrea de ancho internacional e alta velocidade Madrid-Sevilla, punto quilométrico 470,2.Red ferroviaria española Ministerior de Fomento.

Forma parte tamén da liña de ancho ibérico Alcázar de San Juan-Cádiz, pk 571,1 que segue o trazado clásico da liña xeral a Andalucía.Red ferroviaria española Ministerio de Fomento.

Historia A idea de facilitar o acceso a Andalucía cun tren de alta velocidade comezouse a fraguar polo goberno español en 1986 cando decidiron construír o novo acceso ferroviario a Andalucía en ancho internacional para circular a alta velocidade como xa existía noutros países. Xorde así a necesidade dunha nova estación para dotar á cidade dun acceso rápido desde o eixo central con motivo das inminentes visitas e movementos en masa que se esperaba que ocasionaría o futuro evento que estaba por celebrarse, a Expo'92. Proxectada polo estudo de arquitectura sevillano Cruz y Ortiz, foi construída entre os anos 1987 e 1991.

O 2 de maio de 1991 (data da inauguración e entrada en funcionamento do novo acceso ferroviario a Andalucía) abriuse ao público como hoxe coñécese, e absorbeu os servizos ferroviarios que anteriormente ofrecían as antigas estacións de Plaza de Armas e de San Bernardo.

Ata 1992, o ferrocarril atravesaba a cidade por lugares como a marxe do río Guadalquivir e en superficie cruzando o eixo formado polas rúas Luis Montoto e Eduardo Dato, coa estación de Cádiz como paso fundamental. Coa construción da nova infraestrutura, as vías desapareceron do tramo mencionado ata a meridional estación de San Bernardo, a ponte de Luis Montoto foi desmantelada e facilitouse o acceso á circulación de vehículos con tres novas avenidas. A beira do río desafogouse e construíronse a larguísima Avenida de Torneo e unha gran zona axardinada.

Trens Proximidades << Orixe/destino Liña Destino/orixe >> Lora do Río 25px Utrera Cazalla-Constantina 25px - circular 25px circular

Media Distancia Liña Destino Observacións A-1 Cádiz Andalucía Exprés, 12 trens por sentido A-2 Córdoba CentralXaén Andalucía Exprés, 3 trens por destino A-3 Málaga-María ZambranoAlmería R-598, 4 trens por sentidoAndalucía Exprés, 4 trens por sentido A-7 Mérida Rexional A-8 Huelva-Término Andalucía Exprés, 3 trens por sentido 50px Córdoba Central vía N.A.F.A. Málaga-María Zambrano

Longa Distancia Nome do servizo << Orixe/destino Destino/orixe >> Observacións AVE terminal Madrid-Puerta de Atocha 11-19 trens diarios por sentido Barcelona-Sants 2 trens diarios por sentido Valencia-Joaquín Sorolla 1 tren diario por sentido Alvia Cádiz Madrid-Puerta de Atocha 4 trens diarios por sentido TalgoTorre del Oro terminal Barcelona-Estació de França 1 tren diario por sentido

Transporte público As seguintes liñas de autobuses urbanos operadas por Tussam permiten acceder á estación: liñas C1, C2, 21, 28, 32 e Especial Aeroporto (une Plaza de Armas co aeroporto de Sevilla pasando por Santa Justa). Tamén fai o propio a interurbana M-124 (antiga M-220) operada por Casal.

Aínda que existen proxectos para que a liña 2 do Metro de Sevilla dea servizo á estación, na actualidade, a estación de metro máis próxima (a un quilómetro camiñando) é Nervión pertencente á liña 1.

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de RENFE (Historia de RENFE y AVE)

Sevilla Sevilla Categoría:Transporte en Sevilla