A estación de Cádiz é a estación central da cidade homónima incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación termo de trens situada xunto á Praza de Sevilla, no centro de Cádiz.
É cabeceira da liña C-1 de Proximidades Cádiz, de trens de Media distancia Renfe e de trens de longo percorrido. Pertence á zona 1 de Proximidades Cádiz.
Historia O edificio antigo da estación, pechado ao público dende que en 2002 fora inaugurado o novo, data da época en que se construíu a liña ferroviaria entre Cádiz e Sevilla, e localízase xunto ao porto de Cádiz e o edificio de aduanas.
Este edificio foi clausurado coas obras de soterramento da vía férrea en Cádiz entre 2000 e 2001 sendo construído un novo edificio que está algo máis afastado da Praza de Sevilla. A nova estación ten seis vías, dúas delas reservadas a trens de proximidades con acceso restrinxido para viaxeiros con títulos de transporte para os mesmos.
Durante as obras de soterramento a estación non prestou servizo, sendo terminal provisional a estación de Cortadura.
Servizos ferroviarios Proximidades Cádiz e Media Distancia Liña > Destino C-1 San Severiano San Fernando-Bahía SurXerez da Fronteira A-1 Cádiz-Segunda Aguada Sevilla-Santa Justa 50px San Fernando-Bahía Sur Xaén
Longa Distancia Tren Orixe/Destino Paradas intermedias Alvia Madrid-Puerta de Atocha San Fernando-Bahía Sur · El Puerto de Santa María · Xerez da Fronteira · Sevilla-Santa Justa · Córdoba Central · Puertollano · Cidade Real-Central TrenhotelAntonio Machado Barcelona-Sants San Fernando-Bahía Sur · El Puerto de Santa María · Xerez da Fronteira · Sevilla-Santa Justa · Córdoba Central · Tarragona
Cadiz Categoría:Cádiz