Kadavu é a cuarta maior illa de Fiji, cunha área de 411 km², e a maior illa do Grupo Kadavu, un arquipélago volcánico formado polas illas Kadavu, Ono, Galoa e varias illas menores no Arrecife do Gran Astrolábio (Great Astrolabe Reef, en inglés). A súa principal cidade é Vunisea, que posúe un aeroporto, unha escola secundaria, un hospital e unha base do goberno. Suva, capital do país, está localizada 88 km ao norte de Kadavu, na illa de Viti Levu.

Administración A illa de Kadavu é parte da provincia de Kadavu, pertencente a División Oriental.

Xeografía Kadavu posúe 93 km de lonxitude e varía entre 365 metros a 13 km de largo. A illa está case dividida en dúas partes polo istmo de Namalata, que liga a Baía de Namalata, na costa norte, co porto natural (ou ancoradoiro) de Galoa na costa sur. Dentro do porto natural de Galoa fica a illa Galoa e o pequeno illote de Tawadromu. A montaña máis alta da illa é a Nabukelevu, tamén coñecida como Monte Washington, con 822 metros de altura, localizada no extremo oeste da illa.

Kadavu aínda conserva o 75% da súa selva tropical orixinal e unha rica diversidade de paxaros.

Economía Kadavu é unha das áreas menos desenvolvidas de Fiji. Hai poucas estradas e a economía local é moi dependente da agricultura de subsistencia. Non hai bancos en Kadavu. O turismo estase facendo popular. miniatura|esquerda|Vunisea

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Información en Kadavu. Información xeral en Kadavu.

Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas de Fiji