O Club Natación A Coruña ou CNC é un club deportivo con base na cidade da Coruña no que se practica a natación, a natación sincronizada e o wáter-polo.
Historia O club formouse a partir dun grupo de nadadores e amigos que a inicios da década de 1930 se reunían para practicar natación nas praias da cidade. Máis adiante en 1941, constrúese o hotel Finisterre (hoxe en día o Hotel Hesperia Finisterre), cun complexo deportivo con piscina de 33 metros e trampolón que se denominou A Solana. Daquela só existía outro club en Galicia (o Club do Mar de San Amaro), incorporándose posteriormente o Real Club Náutico de Vigo. O club comezou dedicándose exclusivamente á natación, mais foi incrementando as modalidades como o tenis de mesa, wáter-polo, judo, baloncesto, saltos, salvamento e socorrismo. Logros Polo club pasou Fernándo Gómez-Reino Lecoq que máis tarde iría a os Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal. Na actualidade o CNC milita na Liga Galega de Waterpolo, e a súa sección de wáter-polo ten 4 Ligas Galegas e 3 Copas Galegas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Liga Galega de Waterpolo
Categoría:Clubs de natación e wáter-polo de Galicia Categoría:Deporte na Coruña