Carlos Manuel de Marques Paião, nado en Coímbra o 1 de novembro de 1957 e finado en Rio Maior o 26 de agosto de 1988, foi un cantante e compositor portugués.
Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Lisboa en 1983, dedicouse unicamente á música. Carlos Paião era un compositor prolífico e en 1978 tiña xa escritas máis de duascentas cancións, todas elas sen editar. En 1981 decide enviar algunhas delas ao Festival RTP da Canção, e gañouno co tema Play-Back. A canción, unha crítica divertida mais contundente, aos artistas que cantan en play-back, ficou en penúltimo lugar no Festival de Eurovisión de 1981, que se realizou nese ano en Dublín. Carlos Paião nese ano editou outro sinxelo de éxito, Pó de Arroz, e tamén Marcha do Pião das Nicas.
Algarismos (1982) foi o seu primeiro LP, que non obtivo o recoñecemento desexado. Comezou daquela a súa participación televisiva en Foguete, con António Sala e Luís Arriaga, e logo en Hermanias (1984), onde compuxo a totalidade das músicas e letras de Serafim Saudade, unha caricatura creada por Herman José.
En 1983, cantou ao lado de Cândida Branca Flor o tema Vinho do Porto, Vinho de Portugal, que ficou en 3º lugar no Festival RTP da Canção. En 1985, concorreu e foi seleccionado no Festival Mundial de Música Popular de Tokyo. A casa discográfica EMI - Valentim de Carvalho encomendoulle a Paião compor temas para outros artistas, coma o propio Herman José ( A Canção do Beijinho) ou coma Amália Rodrigues (O Senhor Extra-Terrestre, de 1982).
Falece cando ía a un espectáculo en Leiría nun accidente de automóbil, na antiga estrada EN1, actual IC2. Nesas datas estaba a preparar un novo álbum titulado Intervalo, que acabou por editarse en setembro dese ano. Compositor, intérprete e instrumentista, Carlos Paião produciu máis de cincocentas cancións, e foi homenaxeado en 2003 cun CD conmemorativo dos 15 anos da súa desaparición, Carlos Paião: Letra e Música - 15 anos depois (Valentim de Carvalho).
Discografía Algarismos - LP (EMI, 1982) O Melhor de Carlos Paião - Compilación (EMI, 1985) Intervalo - LP (EMI, 1988) O Melhor de Carlos Paião - Compilación 2CD (EMI, 1991) Os Singles - Compilación (EMI, 1993) Pó de Arroz - Compilación (EMI, 1996) Cinderela - Compilación (EMI, 1997) Letra e Música: 15 anos depois - Compilación (EMI, 2003) Play-Back - Compilación (EMI, 2004)
Sinxelos Souvenir de Portugal / Eu Não Sou Poeta (EMI, 1981) Play Back (EMI, 1981) Pó de Arroz / Gá-gago (EMI, 1981) Marcha do Pião das Nicas / Telefonia Nas Ondas do Ar (EMI, 1982) Zero a Zero / Meia Dúzia (EMI, 1982)/ Vinho do Porto, Vinho de Portugal - con Cândida Branca Flor (1983) O Foguete (1983) Versos de Amor (EMI, 1985) Arco Íris (EMI, 12/1985) Discoteca (EMI, 198?) Cinderela (EMI, 198?) Cegonha (EMI, 12/1986) Quando as Nuvens Chorarem (EMI, 1988)
Véxase tamén Ligazóns externas Web con cancións do músico (con son das músicas na íntegra) Biografía e Discografía Carlos Paião no Youtube
Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en Coímbra Categoría:Finados en accidente de tráfico