Antíoco de Ascalón, nado en Ascalón en -150 e finado en Siria en -68, foi o último filósofo da Terceira Academia (Platón), que ensinou primeiro en Atenas e marchou despois a Alexandría.

Traxectoria Ao parecer naceu en Ascalón, antiga cidade de Oriente Medio que continúa existindo na actualidade en Israel. Non se coñecen as datas exactas do seu nacemento e morte, aínda puido vivir entre o -150 e o -68 aproximadamente. Foi discípulo do estoico Mnesarco, de Marco Terencio Varrón e de Filón de Lárisa (o cal tivo un pensamento distinto a Antíoco) e mestre de Cicerón. Sucedeu a Filón como escolarca da Academia Nova. Estivo interesado en revitalizar a doutrina de Platón superando o escepticismo. Influenciado por distintas correntes filosóficas, chegou a unha postura puramente ecléctica, que algúns consideran eclecticismo dogmático. Intentou conciliar a filosofía de Platón coa de Aristóteles e o estoicismo, buscando un núcleo de verdade na coincidencia de opinións dos grandes filósofos. Mantivo unha postura próxima a Panecio de Rodas e Posidonio do estoicismo medio.

Antíoco foi ensinar primeiro en Alexandría e máis tarde a Siria onde morreu.

Véxase tamén Ligazóns externas Perseus Digital Library, A maior base de textos gregos e latinos Lista de Autores e Obras do Diccionario Griego-Español L´Année Philologique, a enciclopedia bibliográfica do mundo clásico que recolle todo o publicado cada ano Suidas, a enciclopedia bizantina en liña do século XI

Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Nados no Distrito do Sur Categoría:Nados en -150 Categoría:Finados en -68