miniatura|O porco é o protagonista do cocido de Lalín. Na imaxe, unha escultura na vila representando este animal. A Feira do Cocido de Lalín é unha festa gastronómica que se celebra cada ano o domingo antes do Entroido en Lalín. A feira xorde no ano 1968 como iniciativa de difusión e comercialización dos produtos típicos da comarca do Deza levada a cabo polos seis concellos dezaos (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón).

Historia

A primeira experiencia tivo por lema Unidos polo mesmo afán, a Feira do Cocido como tal xorde da tradición dun grupo de lalinenses que cada ano se xuntaba para comer cocido, de modo que o Concello crea esta festa gastronómica poñendo en práctica as ideas xurdidas naqueles encontros.

A primeira feira celebrouse no ano 1969, sendo unha das decanas entre as festas gastronómicas celebradas na xeografía galega. Durante a súa traxectoria converteuse nunha data senlleira no calendario festivo e gastronómico galego, achegándose a Lalín miles de persoas durante a súa celebración para probar este prato tradicional, que no concello dezao acada identidade propia.

No ano 1999 a Feira do Cocido foi declarada como Festas de interese turístico de Galicia por parte da Xunta de Galicia e vese corroborada ano tras ano pola masiva afluencia de público no día grande da feira. En 2010 foi recoñecida como Festas de interese turístico nacional Resolución de 2 de xuño de 2010, pola que se concede o título de "Fiesta de Interés Turístico Nacional" á "Festa do Cocido" de Lalín (BOE nº 156, de 28.06.2010 ..

Dende o concello lévanse a cabo múltiples iniciativas que teñen como fin a popularización do seu prato máis insigne e a promoción do municipio. Cabe destacar entre estas a celebración do Mes do cocido de Lalín, entrega dos premios Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico, concertos, degustacións de cocido en diferentes cidades e países, celebración da mata do porco tradicional etc.

Entre os seus principais atractivos destacan: o desfile de carrozas, comparsas e charangas; a posta en marcha de concertos e distintas actividades; e a propia feira.

En 2009, o concello introduciu entre os actos da Feira o Lalín Pork Art, con 25 esculturas decoradas ó estilo das vacas do Cow Parade La Voz de Galicia, 13.01.2009..

Pregoeiros 1969 - Álvaro Cunqueiro 1970 - Gerardo Fernández Albor 1971 - Xosé Filgueira Valverde 1972 - Pío Cabanillas Gallas 1973 - David Pérez Puga 1974 - Eugenio López López 1975 - Luis Suárez Delgado 1976 - Xosé Otero Abeledo 1977 - Manuel Rolán Bolaño 1978 - Celso Emilio Ferreiro 1980 - Daniel Varela Buxán 1981 - Hipólito de Sa Bravo 1982 - Antonio Fraguas Fraguas 1984 - Víctor Manuel Vázquez Portomeñe 1985 - Xosé Luis Barreiro Rivas 1986 - Xosé Luis Blanco Campaña 1987 - Sancho Gracia 1988 - Xosé Filgueira Valverde 1989 - Álvaro Pino 1990 - Luis Álvarez Pousa 1991 - Manuel Fraga Iribarne 1992 - Xesús Alonso Montero 1993 - Xosé Cuíña Crespo 1994 - Alfredo Conde 1995 - Luis del Olmo 1996 - Fernando Ónega 1997 - Victoria Prego 1998 - Francisco Álvarez Cascos 1999 - Carlos Casares 2000 - Mariano Rajoy Brey 2001 - Baltasar Garzón 2002 - Moncho Borrajo 2003 - María Teresa Campos 2004 - Cruz y Raya 2005 - Marc Forné Molné 2006 - Alberto Ruiz-Gallardón 2007 - Karlos Arguiñano 2008 - Santiago Rey Fernández-Latorre 2009 - Carlos Alsina 2010 - María Castro 2011 - Mariló Montero 2012 - Pedro Piqueras 2013 - Susanna Griso 2014 - Eduard Punset 2015 - Ignacio Rivera 2016 - Manuel Jabois 2017 - Roberto Vilar 2018 - Víctor Fernández Freixanes 2019 - Xabier Fortes 2020 - Sonsoles Ónega

2021 - Pepe Solla

2022 - Alberto Núñez Feijóo

2023 - José Ribagorda Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cocido de Lalín Encomenda do Cocido Mes do cocido de Lalín Festas de interese turístico de Galicia Festas de interese turístico nacional de España

Ligazóns externas feiradococido.lalin.gal

cocido Categoría:Lalín Categoría:Festas de interese turístico nacional de España Categoría:Feiras