O Monte Tahat (en árabe: جبل تاهات) é con 3003 m (antiga medida 2919 m) a maior elevación de Alxeria. É tamén a maior altura do macizo de Ahaggar ou Hoggar.

Orixe e contorno

O Monte Tahat é de orixe volcánica. Está situado na zona árida do Sáhara central, erguéndose sobre un contorno de mesetas pedregosas.

O macizo do Ahaggar está poboado polos nómades tuaregs. No suroeste do macizo levántase a localidade de Tamanrasset.

Arte e cultura Nas montañas do macizo téñense descuberto pinturas rupestres, datábeis nunha antigüidade comprendida entre 8000 a.C. e 2000 a.C.. A fauna e os labores agropecuarios representados nas pinturas mostran que o Sáhara se desecou.

Categoría:Montañas de Alxeria