Manuel Ferreiro Panadeiro, nado en Ludeiro (Soutolongo, Lalín) o 24 de xuño de 1903 e finado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936, foi un político republicano galego.

Traxectoria miniatura|300px|SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Manuel Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán Estudou no seminario de Lugo e con 20 anos trasladouse a Madrid, onde obtivo o título de Bacharelato universitario e comezou a carreira de Dereito. En Madrid entrou en contacto co movemento democrático e participou na oposición á ditadura de Primo de Rivera.

En 1930 retornou a Lalín e creou, xunto con outros mozos como Marcelino García, o Centro Republicano de Lalín e o periódico Atrás. Coa proclamación da Segunda República converteuse no primeiro alcalde lalinense elixido democraticamente. Foi tamén nomeado deputado provincial. A súa principal contribución como alcalde centrouse na educación (exemplo disto é a concesión dunha bolsa de estudos a Laxeiro). Logo da vitoria das dereitas nas eleccións de novembro de 1933, o gobernador civil Víctor Manuel Becerra Herráiz ordenou varias inspección ao concello para destituílo. Como mostra de desagravio, un grupo de amigos e colaboradores organizou unha homenaxe popular o 11 de febreiro de 1934.Igrexas, Manuel: "Homenaxe ao Alcalde Ferreiro" (26/8/2012) en Historias de Deza. Finalmente foi cesado polo gobernador civil Diego Fernández Gómez o 8 de agosto de 1934. Co triunfo da Fronte Popular foi reposto como alcalde o 21 de febreiro de 1936. Un enfrontamento entre os concelleiros republicanos fixo que fose cesado polo Gobernador civil en abril. A nova Comisión xestora nomeouno secretario do concello.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse en Santiago de Compostela, pero foi localizado e detido a principios de agosto. Xulgado en consello de guerra o 21 de agosto, foi condenado á pena de morte. Foi executado na estrada de Campañó o 27 de agosto.

miniatura|Camposanto de Soutolongo

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Vítimas da guerra civil en Galicia Ligazóns externas Igrexas, Manuel: "Manuel Ferreiro, republicano" (28/8/2012) e "Manuel Fereiro, o primeiro fusilado polo fascismo" (31/8/2012) en Historias de Deza.

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Lalín Categoría:Alcaldes de Galicia da ORGA Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1936