260px|miniatura|dereita|Ponte en Bora, preto da súa desembocadura O río Almofrei é un pequeno río galego que flúe na provincia de Pontevedra. É afluente, pola beira esquerda, do río Lérez e a súa lonxitude é de aproximadamente 26 km, o que o converten no máis longo dos seus tributarios.

Étimo A denominación do río está vinculada ao lugar e parroquia de Almofrei (Cerdedo Cotobade), que bañan as súas augas, de xeito que ben expresado o seu nome sería "río de Almofrei", o que é bastante característico na denominación de numerosos ríos menores. Á súa vez o nome da parroquia é de orixe xermánica dun posesor, seguramente altomedieval, con nome gótico latinizado, Ermaufredus, que polo xenitivo, Ermaufredi, pasou por evolución ao galego Almofrei.

Outros autores falan dunha orixe árabe da palabra,Reinhart, P. A. D.; Engelmann, W. A. Glossaire des mots espagnols et portugais derives de l'arabe. Brill Archive, 1982. que conservaría en galego o significado de funda na que se leva a cama de viaxe.Rodríguez González, E. Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Editorial Galaxia, 2001. ISBN 84-8288-428-X, 9788482884288.

Descrición Fontes O Almofrei nace preto do lugar de Fraguas, na freguesía de Santiago de Caroi, dentro do concello de Cerdedo Cotobade, por debaixo do monte Seixo, que está xa no municipio da Lama, a uns 671 msnm.

Percorrido Logo do seu nacemento e ao longo do seu curso atravesa outras das freguesías de Cerdedo Cotobade: A Corredoira, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, que é a que lle empresta o seu nome ao río. Pouco despois de pasar por esta, entra na parroquia de Bora, xa do concello de Pontevedra, para moi logo desaugar no río Lérez á altura do lugar de Ponte Bora. O sentido xeral do percorrido do río é de NO a SE.

Afluentes Os afluentes do Almofrei son pequenos regatos de escaso desenvolvemento lonxitudinal. Pola dereita salientan o rego da Pereira, o rego de Chan das Latas e o rego do Pego. Pola esquerda, o rego de Borela, no curso medio xa, é o máis importante.

Réxime hídrico O Almofrei é un típico río de réxime hídrico pluvial de tipo oceánico, consonte coas características da súa conca, que segundo a altura recolle anualmente entre 1.500 mm e máis de 2.000 mm. A súa bacía esténdese sobre 77,5 km² e o seu caudal medio é de 3,58 m³/s.

Intervención humana Construcións Ó longo do seu percorrido hai un bo número de muíños, un batán, e praias e piscinas fluviais.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Almofrei Categoría:Afluentes do río Lérez Categoría:Ríos de Pontevedra