miniatura|170px|Lila Downs Lila Downs, nada en Oaxaca o 19 de setembro de 1968, é unha cantante mexicana.

Traxectoria Lila é filla dunha cantante de cabaré Anita Sánchez e de Allen Downs, un mestre de cinematografía de Minnesota de orixe escocesa. Morou parte da súa vida en Oaxaca, así como en California, Estados Unidos, como adolescente e como muller adulta en Minnesota. Obtivo a licenciatura en canto e antropoloxía na Universidade de Minnesota, e despois realizou estudos similares na Escuela de Bellas Artes de Oaxaca.

Compositora e cantante especializada na música mexicana e dos pobos indíxenas mexicanos entre eles o mixteco, o zapoteco, maia e náhuatl ademais das músicas rexionais de México, en especial do estado de Oaxaca.

Discografía Ofrenda, 1994 Azuláo. En vivo con Lila Downs, 1996 La Sandunga, 1999 El Árbol de la vida, 2000 Una sangre, 2004 (Grammy latino do 2005 ao mellor disco de música folk) La Cantina, 2006

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cantantes de México Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Nados en 1968 Categoría:Cantantes en lingua maia Categoría:Cantantes en lingua mixteca Categoría:Cantantes en lingua náhuatl Categoría:Cantantes en lingua purépecha Categoría:Cantantes en lingua zapoteca Categoría:Cantantes en lingua francesa Categoría:Nados no estado de Oaxaca