San Xoán do Monte, ou San Xoán Bautista de Vigo, é unha parroquia eclesiástica do concello de Vigo.
Xeografía Limita coas parroquias de San Paio de Lavadores, Nosa Señora das Neves, Santo Cura de Ars e A Inmaculada Concepción. Pertence ó arciprestado de Vigo-Teis.
Historia É unha parroquia de reducidas dimensións. Foi erixida como independente o 31 de xullo de 1958, logo dunha reestruturación parroquial, canda Santo Ignacio de Loiola, Nosa Señora das Neves, Santa Clara (en Cabral), Santo Cristo da Vitoria (Coia), Santo Antonio de Padua (A Florida) e San Bieito (Valadares). Abrangue, na súa meirande parte, terreos da vella parroquia de Teis, pero tamén de Lavadores, xustamente onde se atopa a igrexa parroquial, antes capela de San Xoán do Caride.
No seu termo tamén se sitúa a capela das relixiosas de María Reparadora, situada na rúa da Fonte .
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo
Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Parroquias eclesiásticas de Galicia Categoría:Teis, Vigo