O Arquipélago das Berlengas está situado no océano Atlántico, a 10 km ao oeste de Peniche, na costa de Portugal. O arquipélago é de bloque granítico.
Forman parte desta illa tres pequenos illotes: Berlenga Grande, Estelas e Farilhões.
A parte máis importante da illa é chamada Berlenga e representa máis de 2/3 da superficie total da illa. A outra parte está separada pola erosión marítima e chámase Illa Vella.
Historia miniatura|esquerda|Barrio dos Pescadores e o Porto A ocupación humana da Berlenga Grande (única habitable) remontase á Antigüidade, sendo coñecida como illa de Saturno polos xeógrafos Romanos. Posteriormente foi visitada por navegadores Musulmáns, viquingos, corsarios franceses e ingleses.
En 1513, co apoio da raíña Dna. Leonor, monxes da Orde de San Xerome estabelecéronse co propósito de ofrecer auxilio á navegación e ás vítimas dos frecuentes naufraxios naquela costa atlántica, arrasada por corsarios, fundando o Mosteiro da Misericordia da Berlenga, no local onde, desde 1953, se ergue un restaurante. Entre tanto, a escaseza de alimentos, as doenzas e os constantes asaltos de piratas e corsarios marroquís, alxerinos, Ingleses e Franceses, tornaron imposible a vida de retiro dos frades, moitas veces incomunicados debido á inclemencia do mar.
Farol 200px|miniatura|esquerda|Faro Duque de Bragança O Faro da illa foi construído en 1841, o Faro foi bautizado como Duque de Bragança.
O Faro utiliza a enerxía acumulada durante o día (a través de varios paneis solares), con 29 m. de altura, a súa luz é visíbel nunha área ata cerca de 50 km.
Fortaleza das Berlengas miniatura|300px|Fortaleza das Berlengas
O forte de planta poligonal irregular (orgánica), presenta unha edificación principal, con doce salas ou cuartos onde funcionaban as dependencias de servizo (Casa do Comando, Cuarteis de Tropas, Almacéns, Cociña e outros) e mais oito compartimentos inscritos no interior das murallas. Un corredor sen iluminación dá acceso internamente aos varios puntos da estrutura.
Fauna No tocante á fauna destácanse a lagarta de Bocage e o sardão, esta última especie ameazada pola poboación de gaivotas, coellos e ratos. Existen varias especies de aves, mariñas e non mariñas, que nidifican neste punto illado do litoral, como: Arao (ave símbolo da Reserva Natural das Berlengas); Cagarra; Corvo mariño de crista; gaivotas; Pardela-de-bico-amarelo; Roque de Castro.
No mar, entre tanto, é onde se encontra a maior riqueza do arquipélago, unha das zonas de maior riqueza ictiolóxica da costa portuguesa.
Flora miniatura|150px|Armeria berlengensis Existen cerca dunha centena de especies botánicas na área, incluíndo: Lobularia maritima Frankenia laevis Echium rosulatum Thapsia villosa Pulicaria microcephala Papoula Malmequer-amarelo Anagallis monelli Silene Armeria berlengensis Herniara berlengiana
Turismo miniatura|Area de acampada|250px Existen dous restaurantes na illa, o Restaurante e Quartos Mar e Sol e no Forte de São João Baptista, unha zona de acampada e un minimercado con produtos esenciais.
Praias Praia do Carreiro do Mosteiro
Outros O arquipélago foi palco e tema principal do filme O Rei das Berlengas, realizado en 1978 por Artur Semedo e contando co falecido Mário Viegas no papel de protagonista, o herdeiro da dinastía dos Teles de Midões que se bate pola independencia do arquipélago de Portugal.
Berlengas Berlengas